A rexedora, Marta Rouco, advirte de que a situación “non pode prolongarse máis no tempo” e reclama actuacións concretas para garantir unhas condicións dignas
Vilalba, 8 de abril, 2026. O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación de autobuses, unha infraestrutura clave para a mobilidade do municipio que continúa nunha situación de abandono e sen avances visibles, malia as reiteradas demandas trasladadas á Xunta de Galicia ao longo dos últimos dous anos.
Desde o goberno local lembran que esta problemática non é nova e que, desde hai máis de dous anos, se veñen realizando múltiples xestións institucionais co obxectivo de acadar unha resposta clara e definitiva. Neste tempo producíronse peticións formais, solicitudes de reunións, encontros con responsables autonómicos e mesmo actuacións puntuais por parte do propio Concello de Vilalba para paliar a falta de mantemento das instalacións.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliña que “a pesar deste traballo constante, a situación actual da estación continúa evidenciando a ausencia dunha intervención estrutural que resolva os problemas de fondo”.
“A día de hoxe seguimos sen unha solución real, mentres a veciñanza e os visitantes teñen que utilizar unha infraestrutura que non reúne as condicións que merece un servizo público deste tipo”, sinala.
Neste sentido, Rouco insiste en que a estación de autobuses non só cumpre unha función esencial para o transporte regular de viaxeiros, senón tamén para o turismo e para a conexión de Vilalba con outros puntos do territorio, polo que considera imprescindible garantir unhas condicións adecuadas de seguridade, limpeza e funcionalidade.
Ademais, lembra que nos últimos meses se produciron anuncios por parte da Xunta de Galicia en relación coa posibilidade de habilitar novas solucións ou infraestruturas alternativas, pero recalca que, mentres estas non se materialicen, resulta imprescindible actuar sobre a situación actual.
“Non podemos permitir que se fale de proxectos futuros mentres o presente segue nun estado que non é aceptable. Vilalba necesita respostas agora”, afirma.
A alcaldesa tamén fai fincapé en que esta demanda non responde a unha cuestión puntual, senón a unha reivindicación sostida no tempo e compartida pola veciñanza.
“Estamos ante un problema que afecta directamente ao día a día de moitas persoas. Non se trata só de mellorar unha infraestrutura, senón de garantir un servizo básico en condicións dignas”, engade.
Por todo isto, desde o Concello de Vilalba reiteran a súa disposición ao diálogo institucional, pero esixen que este se traduza en solucións concretas e nun calendario de actuacións claro.
“Seguiremos insistindo, como levamos facendo todo este tempo, ata que a estación de autobuses de Vilalba conte coa solución que merece. É unha cuestión de responsabilidade institucional e de respecto á nosa veciñanza”, conclúe Rouco.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



