Dende finais da Segunda Guerra Mundial ata hoxe vanse producir unha serie de cambios xeopolíticos que irán transformando a orde mundial dunha estrutura bipolar a outra multipolar. Entre medias, pasamos por unha etapa de absoluta hexemonía estadounidense que se está vendo frenada polo imparable avance de China. Un feito que ten ao mundo sumido na incertidume.
Para entender esta nova situación multipolar, coido que hai que comprender o que pasou no anterior proceso de globalización económica que parte do ” Consenso de Washingtong” de 1989, onde EEUU xunto a outras institucións toman a decisión de impulsar o libre comercio e rexeitar todo proteccionismo.
O obxetivo parecía claro. Ademais da hexemonía militar, EEUU pretendía pór os recursos económicos mundiais e a potencial masa de novos consumidores asiáticos ao servizo das súas empresas multinacionais, consolidando por completo a súa hexemonía mundial.
Pero o devandito obxetivo non saíu como estaba planificado porque o proceso globalizador acabaría producindo unha masiva desindustrialización estadounidense, xa que o capital, seguindo a súa lóxica, foi en busca de maiores beneficios e decidiu trasladar a maioría dos procesos produtivos a China e outros paises do sudeste asiático onde os salarios eran moito máis baixos, as xornadas laborais máis longas e os dereitos dos traballadores inexistentes.
Este trasvase de capital acabou permitíndolle a China desenvolver un potente sector industrial, primeiro imitando e logo innovando, ata converterse na gran fábrica do mundo.
Desta forma foi como China se foi integrando na economía mundial, creando millóns de empregos, reducindo significativamente a pobreza e elevando de forma considerable o seu PIB e acercarlo ao dos EEUU.
Paradoxicamente, mentres isto sucedía en China, en EEUU aumentaba de maneira escandalosa a desigualdade, se precarizaba o emprego e reducíase de maneira significativa o crecemento económico.
Este cambio na redistribución do poder económico mundial é o que está detrás do lema: “Fagamos grande outra vez EEUU.” Un feito que está levando aos EEUU a utilizar o seu poder militar para estrangular o avance económico de China, controlando os recursos enerxéticos mundiais.
Este contexto é o que explica o recente control do petróleo venezolano, o ataque a Irán, apoiado polos intereses de Israel, e a política de aranceis impulsada por Trump.
Unha estratexia que moitos analistas entenden que está condenada ao fracaso porque o declive interno dos EEUU xa está demasiado avanzado porque falta moita man de obra cualificada para volver a reindustrializar o país e a maioría da sociedade está sumida nunha enorme degradación moral. Mentres, as elites, hai tempo que abandoaron ao pobo estadounidense para forrarse no mundo improdutivo da especulación financeira.
Polo tanto, entre o pobo estado unidense e as súas elites deixou de haber obxetivos compartidos e o resultado desta ruptura está sendo unha continuada degradación e decadencia do país moi difícil de solucionar.

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



