Burela, 4 de abril, 2026. O Burela FS comezou o encontro cun ritmo moi alto, xerando perigo desde os primeiros minutos. No 3’, Ana Eliza evitou o primeiro tanto madrileño cunha gran intervención ante un disparo de Vane Sotelo á escuadra, seguida dun novo tiro de Laura no minuto 4. O Alcorcón respondeu con varias transicións perigosas, pero a gardameta brasileira mantivo o marcador a cero.
Co paso dos minutos, o Burela asentouse no partido e acumulou chegadas claras durante o último tramo da primeira parte, instalándose durante longos períodos na área rival.
Segunda parte: emoción, paradas decisivas e dous goles
Tras o descanso, o Alcorcón volveu avisar cun tiro que Ana Eliza desviou co pé. No 25’, Aida de Miguel obrigou de novo á porteira laranxa a enviar o balón a córner. O premio para o Burela chegou no 1-0: un lanzamento directo de falta de Silvia Rubal, que superou a barreira e entrou entre as pernas da gardameta visitante.
O Alcorcón buscou o empate con insistencia. No 29’, Ana Eliza evitou o gol nun remate de Laura ao pau, e no 31’ a xogadora madrileña volveu estrelala contra a madeira. A porteira do Burela realizou dúas intervencións espectaculares no 32’, pero finalmente o empate chegou no 34’, obra de Vane Sotelo, que superou a Cris Blanco tras unha asistencia de cabeza de Laura.
O tramo final foi frenético. Lara probou fortuna no 35’ e no 36’, pero Ari respondeu con dúas boas paradas. No 37’, Ana Eliza volveu aparecer ante Laura, e Clau López rozou o gol no 39’ cun potente disparo que saíu fóra.
A un minuto do final, Ari viu a tarxeta vermella por unha dura entrada sobre Lara fóra da área. Valeria entrou para defender a portería do Alcorcón e Belén Feal pediu tempo morto para preparar a xogada. O conxunto madrileño apostou polo xogo de cinco con Vane Sotelo como porteira-xogadora, pero o Burela resistiu. Tania Benito tivo unha ocasión clara a 35 segundos do final, e Silvia Rubal enviou por riba do traveseiro o último intento do partido a só dous segundos da bucina.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 1-1 Arriva AD Alcorcón
Reyco Burela FS (1): Ana Eliza; Cris Blanco, Laura Barranco, Sandra, Irene -quinteto inicial-, Sandra, Gabi, Silvia Rubal (C), Lari, Macarena.
Arriva AD Alcorcón (1): Ari; Laura, Clau López, Vane Sotelo, María Barcelona –quinteto inicial-, Aida de Miguel, Tania Benito, Laura Ajenjo, Ici, Valeria (P)
Goles: 1-0, min. 28: Silvia Rubal. 1-1, min. 34: Vane Sotelo.
Árbitros: Marco Noya // Roberto Amor // Berta García. Por parte do Reyco Burela FS viron a tarxeta amarela Silvia Rubal (19’) e Gabi (25’) por parte do Arriva AD Alcorcón Laura (39’) e Raul Castro (40’). Veu a tarxeta vermella Ari (39’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



