Foz, 9 de abril de 2026. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que quedará o centro de saúde focego despois da conversa mantida co xerente da área sanitaria, Ramón Ares.
“Ante as contradicións das informacións trasladadas polo Sergas este mércores e xoves”, o alcalde explica: “hoxe, xoves, pola mañá mantiven unha conversa telefónica co xerente da área sanitaria, Ramón Ares. Trasladoume que non pode garantir a apertura dos sábados, xa que a partir da aprobación do novo decreto -do cal descoñecemos o contido- o servizo dependerá da voluntariedade dos médicos, xa que a atención do sábado pola mañá está fóra das horas obrigatorias que teñen que cubrir. O xerente trasladoume que se prevé que o servizo de urxencias dos sábados pola mañá continúe pero non o pode garantir, xa que o Sergas unicamente asegura as urxencias nos PAC e Foz queda fóra desa garantía”.
Fran Cajoto considera que “xería indecente que un veciño acuda cunha urxencia o sábado pola mañá e encontre o centro de saúde de Foz pechado. Estamos a falar dunha urxencia. Creo que xa é hora de que Foz conte cun PAC (Punto de Atención Continuada) e así llo trasladei ao xerente: por poboación é inaudito que non dispoñamos deste servizo. Aseguraríamos as urxencias e recuperaríamos as gardas nocturnas nas farmacias: non se entende que o segundo Concello por poboación da Mariña e o sexto da provincia continúe sufrindo este agravio. Elevarei ao pleno municipal esta demanda: agardamos contar co apoio dos outros dous partidos da corporación e poderemos ver se o Partido Popular de Foz vai quedar calado ante este novo recorte da Xunta á sanidade en Foz ou vai a estar ao lado das veciñas e veciños e aportar algo positivo por unha vez”.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



