O músico coruñés visitou a forxa de Agustín de Faustino onde coñeceu os detalles do oficio e lembrou o seu paso polo concello e a contorna nos seus inicios na música
Lugo, 12 de abril de 2026. A música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre porá son a Feira do Ferro de Riotorto cunha actuación o 18 de abril -ás 22.00 horas -, na véspera da Feira.
O concerto, impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, pretende ampliar a dimensión cultural e patrimonial da Feira e poñer en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante a tarde do sábado.
O músico coruñés visitou esta mañá a forxa de Agustín de Faustino, un dos ferreiros en activo, onde coñeceu os detalles deste oficio artesán e a súa tradición en Riotorto. Tamén compartiron lembranzas sobre informantes do concello que Xabier Díaz coñeceu durante as súas recollidas como Daniel e Eugenio Fernández – “os de Baltasar” ou sobre o tear de Elena Rodríguez, de Xudán (A Pontenova), que fixo as borlas dunha das súas primeiras gaitas.
A deputada Iria Castro sinalou que “os oficios e traballos tradicionais están detrás de gran parte das cantigas e da música tradicional da que se nutren Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, así que estamos convencidas de que o concerto é a mellor forma de recibir a Feira do Ferro” .
A actuación encádrase na programación que a área de Cultura organiza por toda a provincia en colaboración co tecido asociativo e cos concellos para fomentar a presenza da música tradicional e dos artistas e bandas de música en galego en festivais, festas e celebracións populares.
Apoio ao traballo de documentación da tradición do ferro en Riotorto
Ademais de reforzar a programación da Feira do Ferro con este concerto, a área de Cultura da Viceprsidencia da Deputación ven apoiando o traballo de documentación do oficio e da súa repercusión económica, social e cultural que a Asociación de Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto realizou nos últimos anos, catalogando e rexistrando ferramentas e técnicas propias e afondando na orixe da tradición do ferro en Riotorto nas chamadas “ferrerías de monte”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



