“A resposta cidadá foi rotunda, miles de persoas concentráronse na maior mobilización política rexistrada en Lugo en moitos anos. Non podemos permitir que as mocións de censura queden amparadas por este tipo de prácticas”, valorou a Presidenta
Lugo, 26 de maio de 2026. O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para reclamar un pacto galego contra o transfuguismo político blindado por Lei, co obxectivo de “reforzar a estabilidade institucional, a lealdade democrática e o respecto á vontade expresada pola cidadanía nas urnas”. Así se acordou tras unha moción socialista aprobada co apoio do propio PSdeG, o BNG e o Deputado non adscrito, e cos únicos votos en contra do PP.
“A resposta cidadá foi rotunda, miles de persoas concentráronse na maior mobilización política rexistrada en Lugo en moitos anos. Non podemos permitir que se modifique así a vontade dos veciños e veciñas e tampouco que as mocións de censura queden amparadas por prácticas de transfuguismo”, valorou a Presidenta da institución provincial, Carmela López, antes de entrar ao Salón de Plenos da sede provincial.
Durante o debate, a Voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, sostivo que o ocorrido no Concello de Lugo “abre un debate de fondo sobre os límites éticos do transfuguismo político”, e advertiu de que “non se pode normalizar que maiorías saídas das urnas se alteren a través da deslealdade política”.
Sinalou que a moción de censura “é un instrumento plenamente legal e lexítimo do noso ordenamento democrático. Pero o seu uso non pode ampararse na mera literalidade da norma cando contradí de fronte o seu espírito. A democracia representativa sostense sobre un principio elemental, e é que a vontade popular expresada nas urnas constitúe a fonte de credibilidade máis importantes das institucións públicas”. Concluíndo que cando ese mandato se altera comprando vontades individuais, o que se debilita é a confianza da cidadanía no propio sistema democrático.
García Porto argumentou ademais que “o problema é converter a traizón política nun mecanismo útil para chegar ao poder”, e criticou que o Partido Popular “normalice prácticas que debilitan a confianza cidadá nas institucións”.
O texto aprobado recolle, entre as diferentes medidas, instar ao PP a dar cumprimento estrito ao artigo 14.2 dos seus propios estatutos, que tipifican como “infracción moi grave” valerse de tránsfugas para constituír ou cambiar maiorías de goberno nas institucións públicas; e en consecuencia, a incoar o correspondente expediente disciplinario ás persoas responsables da operación no Concello de Lugo. E rexeitar o anuncio do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, de promover unha modificación dos estatutos do partido nese sentido, co fin de eliminar ou debilitar esa tipificación.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



