Lugo, 22 de xaneiro, 2019. Os populares lucenses insisten en que “Lugo é a provincia máis castigada dentro dunha comunidade, Galicia, onde o investimento se recorta un 19,9% nos Presupostos presentados polo Goberno de Pedro Sánchez para este 2019 con respecto ás contas elaboradas polo Goberno Popular no 2018”.
Así, o manifestan dende o PP lucense en relación ás declaracións do delegado do Goberno en Galicia hoxe en Lugo. “O certo é que non hai dúbida de que os costes dos proxectos e as anualidades que estaban xa previstas e que servirían para poñer en marcha en tempos de crise as infraestruturas na nosa provincia se reduciron substancialmente partida a partida con respecto ao 2018. Así o reflicten as propias contas presentadas polos socialistas que tanto teñen criticado os Presupostos do Goberno popular por insuficientes; pero agora que poden escribir eles mesmos a carta aos Reis Magos reducen alegando que estaban inflados”, engaden os populares para advertir que “agora as infraestruturas da nosa provincia corren o risco de paralizarse ou sufrir importantes retrasos”.
Ante esta situación, convidan ao Goberno socialista a “incrementar vía emendas as partidas necesarias para que ningunha obra teña menos contía das que xa figuraban na previsión da anualidade para 2019 nos Presupostos elaborados polo PP e que aínda están vixentes” e recoméndalle ao delegado do Goberno que “lle esixa a Sánchez o mesmo trato para os galegos que para os cataláns” e que “non permita o agravio aos lucenses e a tódolos galegos que supoñen os Presupostos Xerais do Estado para o 2019”.
Concretamente, en relación aos investimentos dirixidos ás estradas da provincia os populares inciden en que “lonxe de impulsar a autovía A-54 entre Lugo e Santiago, o Goberno socialista reduce as contías nun 68% para o tramo entre Palas e Melide condenándoo á paralización durante todo este 2019 igual que ao intercomunicador coa N-540 en Guntín que ve reducida a súa previsión de 5 millóns a 100.000 euros”, engaden dende o Partido Popular. Do mesmo xeito, “coa asignación das mesmas cantidades que xa figuraban en presupostos anteriores para a autovía A-56, entre Lugo e Ourense, o único que se poderá finalizar este ano serán os 10 quilómetros que xa impulsou o goberno Popular entre San Martiño e A Barrela”.
Os populares non se esquecen das infraestruturas viarias na Mariña e sinalan unha redución do coste total presupostado para os diferentes tramos da Autovía A-74 (San Cibrao-Burela, Foz-Burela e Barreiros-Foz) que cos Presupostos do Executivo de Pedro Sánchez se verán reducidas nun 98%; xa que pasan de algo máis de 258 millóns a pouco máis de 5 millóns de euros”.
Comunicacións ferroviarias
Dende o PP de Lugo tamén sinalan que “por se non fora pouco reducir os investimentos das dúas partidas máis importantes en materia de comunicación ferroviaria na nosa provincia, o proxecto de Presupostos do Estado dos socialistas rebela retrasos para a renovación e variantes na liña Monforte-Lugo ata o 2023”. Neste caso, “os orzamentos do PP recollían un coste total de 889 millóns de euros, pero no presuposto socialista redúceno a 310 millóns”, manifestan para engadir que “igualmente a partida de electrificación da liña Monforte-Lugo recolle a redución do coste das obras dos 113 millóns aos 83 millóns”.
Políticas sociais
Os populares lucenses recórdanlle ao señor Losada que “as medidas de carácter social das que presume aprobounas o PP nos Presupostos do 2018 e nos acordos cos axentes sociais logrando a subida das pensións, do salario dos traballadores públicos, etc.”.
“Tamén presume de defender as pequenas empresas, pero esquece dicir que lles subiu as cotizacións sociais ás empresas e traballadores ata un 22% penalizando así o emprego e poñendo en risco numerosos postos de traballo”, critican dende o PP lucense. Concretamente, os populares lamentan que “o señor Losada esqueza o incremento de ata o 57% das cotizacións sociais dos sectores da pesca, agricultura e gandería que poñen en risco moitos empregos na nosa provincia”. Igualmente, dende o Partido Popular inciden en que “o Goberno socialista di defender as rendas medias e baixas mentres sube os impostos ao diésel ou ao aforro”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



