Lugo, 04 de febreiro de 2019.- A Consellería de Medio Rural –a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)– destinou para o período 2013-2020 preto de 30 millóns de euros en axudas dirixidas aos concellos da provincia de Lugo para a mellora de estradas, pistas e camiños de titularidade municipal”
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, enmarcou estes apoios dentro da aposta clara e decidida da Xunta a favor do rural galego e, en particular, no fomento daquelas iniciativas que melloran e facilitan a comunicación e accesibilidade das parroquias do rural.
“Son camiños de titularidade 100% municipal, pero a Xunta financia estas obras porque unhas vías en bo estado melloran as condicións, a calidade de vida e o traballo no medio rural. Fan máis áxil e doado o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias e gandeiras, e contribúen a fixar poboación”- explicou Balseiro.
En concreto, a administración autonómica destinou 24,1 millóns de euros repartidos entre os 67 concellos lucenses con cargo aos correspondentes plans de mellora de camiños rurais executados entre 2013 e 2019 e, neste momento, está en prazo de solicitude unha nova convocatoria deste programa, correspondente ás anualidades 2019-2020, por valor de 4,1 millóns de euros adicionais.
“Os gobernos locais terán ata o 28 de febreiro para presentar a súas solicitudes”- lembrou Balseiro, quen destacou que, a diferenza dos plans doutras administracións, “aquí son os municipios os que, en uso da súa autonomía deciden que estradas ou camiños queren mellorar con cargo a achega da Xunta”.
O delegado destacou tamén que o reparto destes fondos responde a criterios obxectivos, pactados entre Agader e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). “Estableceuse unha contía base fixa por concello de 15.000 euros, que suma cantidades adicionais en función de conceptos como o número de habitantes, a superficie, o peso do agro así como o grao de envellecemento ou despoboamento de cada localidade”.
O importe mínimo para cada unha das actuacións (calculado sobre a base do orzamento de execución material máis os gastos xerais e beneficio industrial) deberá ser igual ou superior a 6.000 euros, e inclúe obras supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación
De acordo con estes criterios, o reparto comarcal queda como segue:
COMARCA
ASIGNACIÓN
PORCENTAXE
SUR
963.600 euros
23,35
TERRA CHÁ+MEIRA
860.127 euros
20,84
A MARIÑA
824.552 euros
19,98
LUGO
554.612 euros
13,44
MONTAÑA
523.923 euros
12,70
SARRIA
399.833 euros
9,69
Total provincia
4.126.647 euros
100%
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



