Ribadeo, 6 de marzo de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, declarou que o entorno da praia das Catedrais hai que facelo máis atractivo potenciando os servizos públicos de transporte. Así se referiu á intención do Ministerio de Fomento de construír un apeadeiro de Feve nas inmediacións do emblemático areal. O rexedor felicítase pola nova e agarda que non se trate dun anuncio electoral. Barcia subliñou que esta semana podería quedar listo o plan especial de protección da praia das Catedrais, no que o Concello leva moito tempo traballando, para proceder á súa aprobación provisional e ao posterior envío á Xunta de Galicia.
Fernando Suárez dixo: “sobre este anuncio da construción dun apeadeiro de Feve nas inmediacións das Catedrais, temos que parabenizar ao Ministerio de Fomento por esta iniciativa que, por fin, se ve que se empeza a facer caso do que desde o Concello de Ribadeo levamos varios anos dicindo, que este entorno hai que facelo máis atractivo potenciando os servizos públicos de transporte”.
O rexedor sinalou que “dado que é un feito que a este areal veñen, polo menos todo o mundo asume, medio millón de visitantes ao longo do ano. Vendo por outra banda que Feve está nunha situación bastante decadente, e que pode ser unha escusa perfecta para que desde calquera punto, desde calquera estación, non soamente desde Ribadeo, senón desde outros lugares de Galicia, Asturias, Cantabria ou mesmo País Vasco, poidan vir directamente á praia das Catedrais en transporte público”.
Suárez Barcia agarda que “non sexa un anuncio electoral, senón que sexa realizable e posible, e que o digan de corazón e con toda a intención de facelo, e desde o Concello a partir de hoxe poñémonos á súa disposición para coordinar as actuacións. Entendo que despois do apeadeiro haberá que facer un acceso, polo tanto hai cousas nas que o Concello é capital para todo isto”.
Para o rexedor: “dáse un paso para empezar a traballar entre diferentes administracións, que aínda que politicamente poidamos ser diferentes, oxalá traballando de xeito sincero, leal e en positivo logremos que este lugar siga sendo máis atractivo do que xa é, e que a xestión dos fluxos das persoas sexa moito máis cómoda e moito máis agradable”.
O alcalde engadiu; “confiamos que nesta semana poidamos ter operativo todo o documento que estamos tramitando do plan especial de protección do entorno da praia das Catedrais, para sometelo a aprobación provisional e o envío posterior á Xunta para aprobación definitiva por parte desta. Con isto teremos un documento e un marco de referencia legal xurídico moi potente para seguir traballando entre varias administracións sobre un documento concreto, cunhas liñas e cunhas estratexias de actuación para seguir logrando disto o que é, unha das mellores praias do mundo e queremos que o seu entorno sexa tamén o adecuado para o que é o areal”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



