Ribadeo, 08 de marzo de 2019.- A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de publicar na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación da obra de dragaxe que se desenvolverá no porto comercial de Mirasol e na bocana da dársena náutica de Ribadeo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as empresas interesadas en executar este contrato teñen ata o vindeiro 3 e abril como prazo límite para presentar as ofertas. A administración autonómica destina para este fin un orzamento de 525.656 euros para unha obra que conta cun prazo de execución de tres meses.
A dragaxe permitirá incrementar o calado e operatividade de ambas instalacións. No que respecta ao peirao comercial de Mirasol o obxectivo da Xunta e conseguir un calado de mínimo catro metros e para iso prevese a draga nunha superficie aproximada de 26.000 m2 e 17.000 m3
Pola súa banda, a zona de dragado da bocana náutica deportiva céntrase nas zonas próximas aos pantaláns e nunha superficie de 2.300 m2 e 2.000 m3 na que se busca garantir un calado de 3 metros.






















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



