Ribadeo. 9, marzo, 2019.- “Querer Ribadeo, amar e respectar Ribadeo”, así comezaba a súa intervención na presentación como candidato do Partido Popular, Daniel Vega, á alcaldía da localidade. Arroupado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta provincial, Elena Candia, e outros cargos orgánicos do Partido, como o secretario Xeral, senadores e deputados da lexislatura que acaba de rematar, alcaldes e voceiros doutros municipios da provincial, así como deputados do Parlamento de Galicia, en un Cine-Teatro ateigado de xente, o alcaldable manifestou que tomou a decisión de presentarse conxuntamente coas dirección provincial e autonómica; unha decisión, sinalou,” meditada e sensata”, e que se resume en “entregarme 24 horas e os 365 días do ano a cumprir e a traballar por Ribadeo”.
Trátase, en definitiva, de que “deixemos de enfrontarnos e tomemos decisións para os veciños; non decisións personalistas, senón decisións claras e rotundas. Hai que apartar o ego e debe imperar a humildade e o sacrificio”, defendeu.
Deste xeito, subliñou que “a ilusión, o traballo e a vocación de servizo” van a ser os seus obxectivos. “Eu non teño outro fin que negociar coa Xunta de Galicia para traer máis investimentos a este Concello, pero o que non pode ser é que vivamos na confrontación constante e permanente. No pode ser que teñamos como alcalde a unha persoa que o único que pensa é que o Concello é a súa sede”. Neste senso, engadiu: a Casa Consistorial “ten que ser a porta de solución dos problemas da xente, a administración máis cercana. Non pode ser que tomemos medidas de imposición, ou ter un alcalde que non escoite”.
A este respecto, defendeu que quero ser “o alcalde que escoite permanentemente” e avogou por potencia a hostalería, o comercio, a industria, o emprego e o rural. Só así, subliñou, se conseguirá que “a xente nova poida traballar e vivir en Ribadeo e evitar que sigamos baixando dos 10.000 habitantes porque non podemos emprender un proxecto de vida”.
Como fillo de gandeiro, fixo unha defensa a ultranza deste sector apuntando que “temos que presumir do rural”. Por iso adiantou que está a configurar un proxecto “real e crible”, e para o que contará cun grupo de persoas “con moitas gañas de traballar”. “Será un programa electoral de cumprimento, non ficticio”, que aglutinará “proxecto, grupo e ilusión”. Neste senso, como medida máis inmediata se chega ao goberno local será aplicar unha baixada de impostos e incentivar as políticas de creación de emprego
Comprometido co PP
Elena Candia destacou a implicación de Daniel Vega co Partido, do que xa foi presidente de Novas Xeracións. “Estamos no proxecto político que lidera e nunha formación que construímos entre todos”. Deste xeito, a presidenta provincial, dende a súa experiencia tamén como alcaldesa, defendeu que “o desenvolvemento dun Concello ten que ser a base da colaboración entre administracións e non en contar medias verdades e mentiras, como acontece en Ribadeo; un alcalde que traballe sempre dicindo a verdade e sen enganar á xente”, reiterou.
Por este motivo, convidou aos asistentes e votantes a reflexionar “con quen nos unimos antes de meter a papeleta na urna”. “Dani vai intentar convencer coa verdade, coherencia e antepoñendo a Ribadeo por diante. O Partido a nivel provincial vai traballar para que consiga o apoio dos veciños”, pois se por algo se caracterizan os gobernos do PP e por cumprir con Ribadeo, sen buscar a confrontación”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



