NOTA DE PRENSA:
Veiga denuncia que o paro na Mariña medrou nos últimos catro meses catro puntos por riba da media do estado.
O BNG afirma que o ano de Goberno do PP demostra que non son unha forza de fiar
A Executiva Comarcal do Bloque Nacionalista Galego fixo balance na xuntanza da pasada semana do ano de goberno do Partido Popular no que atinxe ao grao de cumprimento das súas propostas programáticas en relación coa Mariña e nomeadamente daqueles aspectos os populares comprometeron poñer en marcha no mesmo 2009. O Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, afirmou que se trata “dun ano de propaganda, de aparencia e de xestos. Un ano onde A Mariña notou que carecía de goberno, naquelas cuestións centrais para os seus habitantes. En definitiva dun ano perdido, dirixido por un goberno ausente”. Os nacionalistas criticaron que ningunha daquelas cuestións que o PP puxo enriba da mesa en campaña electoral, pasaron de promesa, o que evidencia que os populares non é unha forza política de fiar e moito menos solvente.
Nun ano de goberno o PP foi incapaz de poñer sobre a mesa actuacións reais que melloren a situación económica da comarca.
Antonio Veiga referiuse aos anuncios do PP en materia de emprego que en campaña electoral chegou a afirmar que “en catro meses rematarían coa crise” , poren a realidade é ben distinta, tendo aumentado o desemprego e empeorado o conxunto dos indicadores económicos. Neste sentido o nacionalista debuxou “neste ano o PP, conseguiu a agudizar a crise do sector lácteo, co conseguinte feche de explotacións na comarca, agravou aínda máis a situación na pesca e chegou a situar o paro en cotas históricas na comarca. Non deixa de ser curiosa que a única solución que propuxera Balseiro fora criticar que desde o Pacto polo Emprego se procedesen a fornecer dados sobre a situación do paro. A política do PP é a do engano e a da falsidade. Balseiro debe escusarse diante de todos os veciños da Mariña por non ser quen de poñer enriba da mesa ningunha solución para crear emprego”. Na opinión dos nacionalistas o PP demostrou converterse nunha máquina de crear parados, posto que só así é explicábel que o desemprego na Mariña e en Galiza, medre a un ritmo de catro puntos por riba da media do estado.
A degradación das políticas publicas sanitarias e sociais e unha constante nos últimos anos.
O Responsábel Comarcal do BNG lamentou a política anti-social que está a levar o PP na Mariña que ten o seu reflexo no desmantelamento dos servizos públicos, na paralización da rede de servizos sociais co desmantelamento de servizos que se viñan dando na Mariña como a valoración de dependentes e na precarización das condicións de traballo. Neste sentido Veiga denunciou que “unha vez chegado ao Goberno, ao PP esquecéuselle ampliar o Hospital da Costa e na contra aposta por integralo en Lugo e eleva as listas de espera nel á cabeza de Galiza, lonxe de mellorar a atención primaria, reduce facultativos e medios. Asemade paralizou as grandes dotacións sociais como o xeriátrico de Viveiro ou a Galescola de Foz que seguen fechados a día de hoxe, porque os nenos e os maiores para o PP son negocio. Por non falar do que está facer coa supresión de servizos na educación, co feche de comedores” A Executiva nacionalista considera que estas políticas retratan perfectamente ao PP, como unha forza que carece de palabra, insensíbel ás demandas dos máis necesitados e que só goberna para os poderosos.
Incumprimentos en materia de infraestructuras que demostran que o PP non ten palabra.
Xa por último os nacionalistas criticaron os incumprimentos da Xunta en materia de infraestruturas o que os deslexitima para poder formular ningunha reivindicación ao respecto. Veiga volveu a denunciar “que é inasumíbel o prazo de remate da VAC no 2017 como veñen de anunciar, ou a paralización da estrada Reme-Vilamar, ou a da Pontenova a Cruz da Cancela. O PP non ten palabra e está a facer bo todos os días que é máis doado predicar que dar trigo. Mesmamente a paralización das infraestruturas da Mariña ten haber coa falta de peso político do PP desta zona, no PP de Galiza. A Xunta de Galiza só lle vale o PP da mariña para practicar as bufonadas”. A Executiva do BNG considera que nun só ano os populares demostraron o que dan de si.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



