Ribadeo, 21 de marzo de 2019. Do 22 de marzo ao 5 de abril estará aberta a inscrición para participar no XIV Ribadeo de Tapeo, que se celebrará do 11 ao 19 de maio. O formato do concurso será o mesmo dos últimos anos, segundo explicou hoxe a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez. Haberá un xurado profesional e o público tamén elixirá a mellor tapa. E o prezo destas miniaturas da cociña será de 1,50 euros.
A edil nacionalista contou que “un ano máis, xa ás portas da primavera e desde o Concello de Ribadeo queremos abrir o prazo para o Ribadeo de Tapeo, para a inscrición dos establecementos que queiran participar no Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa edición número 14. Este ano as datas de celebración serán dende o 11 ata o 19 de maio. Todos os establecementos interesados en participar deberán inscribirse e poden facelo a partires de mañá mesmo, 22 de marzo, ata o 5 de abril, no Concello de Ribadeo. Poderán atopar toda a información para tal fin na sede electrónica da páxina web do Concello, ribadeo.gal, ou chamando á Oficina de Turismo ao 982 128 689”.
Ana Martínez salientou que “o Ribadeo de Tapeo é un dos grandes atractivos dentro da programación do Concello de Ribadeo, quizais un deses eventos que tamén busca apoiar e potenciar o noso sector servizos, a hostalería ribadense, e durante un mes non moi forte no tema de ventas e eventos como pode ser o mes de maio, previo xa á tempada estival. É un referente en toda a contorna pois o Ribadeo de Tapeo é un dos concursos deste tipo máis antigos de Galicia, e eu creo que ademais ten unha categoría e un caché que o fan especial, desde logo para visitar cada ano, imposible de deixar. Creo que achegarse ao Ribadeo de Tapeo xa forma parte dese círculo de amizades que quedamos durante o mes de maio en Ribadeo”.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio cre que “tamén é un dos mellores escaparates para a nosa hostalería porque si é certo que moitos establecementos durante todo o ano xa están ideando con que deleitarnos, con ese pequeno bocadiño que ano tras ano nos presentan nos seus establecementos. O formato de selección vai ser similar aos últimos anos. Haberá dous tipos de xurado, o xurado profesional ao que poderán optar voluntariamente ou inscribirse os establecementos e o xurado do público, que somos cada un de nós que imos polos establecementos probando as súas tapas e que a modo de pasaporte levamos esa tarxetiña onde se nos vai selando, e logo nós depositamos, ao final do concurso, nunha das urnas que están nos propios establecementos para indicar cal é no que máis no gustou a súa tapa e a súa barra, e poder así tamén agasallalos co premio do público”.
Ana Martínez engadiu que “o prezo se mantén igual que nos últimos anos, a 1´50 euros por tapa. Creo que é un prezo adecuado e módico para poder degustar a calidade, o traballo e o esforzo que nos presentan os hostaleiros e as hostaleiras de Ribadeo. Animo a que, como todos os anos, os establecementos de hostalería se acheguen ao Concello para inscribirse e participar, e lembro que isto pódese facer ata o 5 de abril”.
Cantos de Taberna
A concelleira de Turismo e Comercio lembrou que “este ano, un evento que estaba dentro da propia edición do Ribadeo de Tapeo, os Cantos de Taberna, terán a súa propia edición particular, e ademais será esta mesma semana. O sábado, 23 de marzo, poderemos e deberemos achegarnos a Ribadeo para disfrutar dos Cantos de Taberna amenizados por doce grupos de diferentes sitios, incluso algúns achéganse dende outras provincias, para actuar nuns 44 establecementos de hostalería que participan, e que ademais de poder facelo na vila de Ribadeo podemos acompañalos e disfrutar en diferentes parroquias, como é o caso de Rinlo e A Devesa. Así que a xente que está por Ribadeo que se achegue este sábado 23 a disfrutar dos Cantos de Taberna”.
A Pancha de Ribadeo
Sobre a campaña da moeda local Pancha Ana Martínez declarou que “dende o Concello de Ribadeo, xunto con Acisa e en colaboración con ABanca, está en marcha a moeda local do comercio de Ribadeo, a Pancha, e quero tamén recordar a todos aqueles establecementos, a todo o comercio que estea interesado en adherirse á campaña das panchas, que o prazo está aberto e que deben facelo para poder despois recibir as panchas, para que poidan recibir á xente que queira pagar en panchas. O prazo está aberto ata o 3 de abril, e a información sobre como deben facelo poden atopala na páxina web para tal efecto, que é panchamoedalocal.ribadeo.org”.
A edil ribadense insistiu en que “esta campaña suma 1.000 packs de 40 euros cada un, falamos dun total de 40.000 euros para gastar en Ribadeo durante un mes, do 5 de abril ata o 5 de maio. É unha iniciativa do Concello de Ribadeo e Acisa, en colaboración con ABanca, que pretende animar a todo o sector servizos porque falamos de comercio, de perruquerías e servizos en xeral, durante a campaña de primavera. Creo que é un bo arranque, case unhas moi boas rebaixas para o consumidor porque eles pagarán 30 euros, pero percibirán 40 euros en valor de panchas, o que supón un 33% para as súas compras, precisamente neste principio de campaña de primavera. Así que recordo ao comercio que lembre inscribirse, o que queira participar, ata o 3 de abril”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



