Burela, 21 de marzo de 2019. O I Foro Económico da Mariña reuniu hoxe no hotel Nordés, de Burela, a unha ampla representación do sector pesqueiro da comarca, entre os que se atopaban produtores, comercializadores e distribuidores dos portos de Burela e Celeiro.
A organización cualifica de éxito de convocatoria este primeiro encontro, organización pola asociación Foro Económico da Mariña.
Esta mañá tratáronse diferentes temas relacionados co sector coma o Brexit, as novas formas de comercialización ou as problemáticas relacionadas coas cotas de pesca da Unión Europea, así como da seguridade alimentaría, en especial na loita contra o anisakis. Miguel Neira e Eduardo Míguez, representantes de Absa e Puerto de Celeiro fixeron fincapé na necesidade de unión entre as diferentes empresas para unha estratexia conxunta de visibilización dos produtos do mar que se distribúen dende a Mariña.
Sergio López e Tito Sixto, representantes da OPP de Lugo e de Adexmar, produtores e exportadores respectivamente, concluíron que é moi importante diferenciar a calidade do produto fresco do mar con respecto á produción da acuicultura, onde os países nórdicos apostaron por potenciar a marca país fronte aos localismos que caracterizan ás empresas do noso entorno.
A mesa redonda foi moderada polo economista Antonio Dorrego.
Os membros do Foro Económico da Mariña agradecen a participación e acollida da súa primeira actividade e valoran de forma moi positiva a afluencia tanto de produtores como de comercializadores do sector.
En vindeiras semanas a asociación informará das próximas convocatorias que terán lugar en diferentes vilas da comarca da Mariña.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



