Cervo, 17 de abril de 2019. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa da Semana Santa do municipio.
O Venres Santo, 19 de abril, o actor galego Pepo Suevos traerá un dos seus monólogos ao auditorio de San Cibrao, será as 19:30 horas.
Xa o sábado, 20 de abril, haberá un gran tributo a Joaquín Sabina, será ás 20:00 horas, tamén no auditorio da Casa da Cultura.
O domingo 21 será a asociación de veciños do Burgo de Trasbar a que celebrará a Festa de Pascua que terá lugar na chaira do local social. Ás 13:30 horas está prevista a actuación de “Dambara”, logo haberá misa, e xantar ás 15:00 horas.
A delegación de educación tamén programou diversas actividades para as crianzas e a mocidade. O xoves 18 haberá un taller infantil de mandalas, dirixido a pequenos/as de 3 anos en diante; será ás 11:00 horas no Ecomuseo de Cervo; e ás 12:00 horas dese mesmo día e na mesma ubicación, haberá un taller infantil sobre ciencia para nenos/nas a partir de 7 anos.
O venres, 19 de abril, o Ecomuseo de Cervo acollerá unha actuación de monicreques desde as 12:30 horas.
O sábado, 20 de abril, a mañá estará dedicada aos xogos populares, cunha actividade que terá lugar no Ecomuseo de Cervo, desde as 12:30 horas.
O público xuvenil tamén se tivo moi en conta á hora de elaborar a programación con actividades novidosas para a mocidade, deste xeito o mércores, 17 de abril, haberá un Escape Room na Casa da Cultura, a partir das 16:30 horas. Trátase dun xogo de aventura físico e mental no que os xogadores deberán solucionar enigmas para conseguir saír da habitación antes de que remate o tempo.
O cine tamén terá o seu oco especial nesta Semana Santa en Cervo. O mércores 17 poderase ver a película “El Gran Hotel Budapest”, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
Progamas Cervo Concilia e Enredos de Semana Santa
Como vén sendo habitual durante as vacacións escolares, a delegación de Educación programa unha nova edición de Cervo Concilia e dos Enredos de Semana Santa, para favorecer a conciliación das familias nestas datas de lecer.
Desenvolveranse o días 15, 16 e 17 de abril, na Casa do Mar e no Ecomuseo de Cervo. No Caso do programa Cervo Concilia, en horario de 9:00 a 14:30 horas; e nos Enredos de Semana Santa en horario de 12:30 a 14:00 horas, en ámbolos dous casos dirixidos ás crianzas de entre 3 e 12 anos.
Villares e Caramés destacaron que “se traballou na programación dunha axenda completa e variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos, para que a veciñanza e as persoas que nos visitanten poidan gozar de actividades de ocio ao longo de todo esta período de lecer, e tamén co obxectivo de facilitarles ás familias do
municipio diferentes alternativas para conciliar, na medida do posible, a vida familiar e laboral neste días festivos”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



