FOZ .- A asociación folclórica e cultural A Subela de Foz presenta o sábado a paxina web da asociación no salón de plenos do Concello. Previamente e celebra asemblea ordinaria na Casa do Mar, as sete da tarde
Nota de Prensa
A Subela celebra este sabado asamblea xeral de socios na Casa do Mar e a continuación presenta publicamente a súa páxina web (en formade Blog) no salón de plenos do Concello de Foz (as 20h.). A dirección da páxina web é http://www.blogoteca.com/asubelafoz/index.php?cat=9755
O blog aparece cunha foto do grupo coa Ría de Foz ao fondo e consta dun corpo central onde poden aparecer as señas de identidade da agrupación ou as novas que se van producindo: actuacións, convocatorias… Na marxe esquerda é onde se fai a selección destas dúas categorias. Tamén na marxe esquerda hai un enlace que permite acceder á categoría de fotos históricas da agrupación. A maiores hai un buscador e un arquivo de actividades organizado por meses.
Finalmente hai un apartado de direccións para que se poida contactar con nós se se desexa e unha breve reseña dos obxectivos da nosa asociación.
Consideramos que con esta páxina A Subela da un paso importante na súa politica de proxección publica e ao mesmo tempo se dota dun instrumento de comunicación entre socios e simpatizantes da mesma. A Subela agradece a colaboración de todos aqueles que participaron na elaboración deste Blog, especialmente de Uxio Cerecedo, experto en informática.
CONVOCATORIA ASEMBLEA
Estimado soci@:
O vindeiro sábado 6 de marzo celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria ás
19:00h. en primeira convocatoria, e as 19:30h. en segunda convocatoria, no salón de
actos da Casa do Mar (1º piso do portal esquerdo).
ORDE DO DÍA
1º Lectura e aprobación se procede da Acta anterior.
2º Estado de contas: aprobación se procede.
3º Informe de xestión da Xunta Directiva: aprobación se procede.
4º Rogos e preguntas.
Pola importancia dos temas a tratar, rogase a vosa asistencia.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo
O PRESIDENTE da AFC A SUBELA
Xoán Moreda Pinto





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



