Esta é a entrada a un pequeno paraíso moi cerca de todos nos. Podes entrar nel, só precisas dun bo calzado para andar entre as rochas e que non importe mollalo. Impacta o cheire a mar, a presencia intanxible da vida mariña na costa en todo o seu esplendor.
Enfrontándose ao Cantábrico no horizonte, pululan entre as rochas innumerables seres vivos dunha variedade colorista arrebatadora. Estamos diante dunha verdadeira aula da natureza mariña en todo o seu esplendor, un observatorio disposto a ser explorado por ollos abertos de curiosidade. Entre as algas, debaixo das rochas, nadando entre as pequenas correntes, esperando a subida da marea, atopamos unha riqueza exposta e única.
Ben saben dela os habitantes da zona. Eles aproveitan a xenerosidade deste ecosistema rochoso, recolectando os seus froitos máis saborosos. É un deses lugares no que te reconcilias coa natureza, ese pequeno xardín preto da casa ao que te acercas a descansar e a contemplar o mundo pasar.
“Apúrate en visitalo, porque este verdadeiro luxo ten os días contados”.
Ao parecer, estou errado. Ao parecer, os meus ollos ven mal, do que estou a falar non e un ecosistema costeiro rochoso cunha riqueza específica a protexer, senón unha “praia” que se ten que “rexenerar”, polo menos así o dí todo un Ministerio do Medioambiente e do Medio Rural e Mariño, ¿Quén son eu…? Este ministerio acaba de evaluar favorablemente unha actuación promovida polo propio organismo, como non podería ser menos, “Juán Palomo yo me lo guiso yo …”

O Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino evaluou favorablemente o proxecto de rexeneración da praia de O Perdouro
Vese que non hai mellores formas de queimar os cartos de todos nos que en sepultar estes pequenos paraísos baixo toneladas de area e formigón, e me pregunto… ¿para qué?. Tanto interese existe en “construír” unha praia. ¿Non temos magníficas praias de abondo? ¿Interésalle a “dirección xeral de sostenibilidade da costa e do mar” ter unha leira-recheo máis? En qué nos vai beneficiar a todos nos e a esta Terra na que vivimos dita actuación? ¿Qué “riqueza” vai xerar?.
Iluso de mín, pensando que estas actuacións invasivas “porquesí” quedaran no pasado. Todo ten un porqué. Será que eu non o dou visualizado, seguro que vai quedar todo moi pero que moi “potito”, unha praiña con as súas escaleiras e todo.
Despois de vivir millóns de anos Perdouro morre. Somos todos un pouco máis pobres. Paisaxe rochoso multicolor, ourizos, cangrexos, camaróns, gusanos, nudibranquios, anémonas, corais, caramuxos, peixiños, liquens, lapas, algas e demáis seres vivos do intermareal… descansen en paz.



















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



