Lugo, 10 de maio de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que este venres convocou a comisión informativa sobre o Plan Único 2019, pois o organismo provincial vén de rematar de recompilar a documentación correspondente de todos os proxectos que se levan ao conxunto do territorio lugués a través desta programación. Estas actuacións aprobaranse definitivamente nos vindeiros días nun Pleno Extraordinario.
Campos Conde explicou que “o plan único está dotado de 24,5 millóns. Desta cantidade, os municipios aportan uns 3,5 millóns e dende a Deputación achegamos uns 21 millóns, que distribuímos nos 67 Concellos a través de criterios totalmente obxectivos como a superficie, poboación, taxa de envellecemento ou a dispersión territorial de cada municipio. E así o levamos feito durante todo o mandato con todas e cada unha das programacións que puxemos en marcha co obxectivo de chegar a todos os recunchos da nosa provincia e responder ás necesidades dos máis de 300.000 lucenses en contraposición do que fai a Xunta, que practicamente non trouxo ningún investimento á nosa provincia, discriminándoa, e os poucos que vimos repartiunos de xeito caciquil e partidista, beneficiando a tan só uns poucos Concellos gobernados pola mesma formación política”.
O Plan Único 2019 está dotado de 24,5 millóns de euros. Desta cantidade, 16,7 millóns son para obras de mellora ou dotación de novos servizos públicos nos 67 Concellos. Por exemplo, estradas, instalacións deportivas, culturais, educativas, áreas recretativas, traídas de auga, saneamentos, adquisición de contenedores de lixo, maquinaria….
Outros 3,5 millóns son para xerar novos empregos nos 67 Concellos. Son postos de traballo nos propios Consistorios cos que reforzar os servizos que deben prestar os municipios aos veciños. Están dirixidos a lucenses no paro.
3 millóns son para o SAF Básico que ofrece atención profesional a maiores da provincia non dependentes. Trátase do Servizo a Domicilio que deixou de financiar a Xunta. Actualmente, a Deputación atende a máis de 2.300 veciños a través desta prestación.
Máis de 650.000 euros son para a organización de actividades, citas ou eventos turísticos que dinamizan económica e socialmente os Concellos durante todo o ano. Case 490.000 euros son para actividades culturais. Máis de 400.000 euros para actividades e eventos deportivos. Uns 105.000 euros son para a administración electrónica. E 17.000 euros para o financiamiento dos Grupos de Protección Civil.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



