Ribadeo, 5 de xuño de 2019. Daniel Vega pon en valor o investimento da Xunta de máis de 102.000 euros para a contratación de 14 persoas desempregadas en Ribadeo.
Ás axudas do Goberno galego para a contratación de cinco peóns coa achega de máis de 65.000 euros con cargo ao programa de contratación da Risga e á dunha persoa máis grazas a máis de 13.000 euros do Aprol Rural; hai que sumar o seu apoio para a contratación de oito socorristas, un máis que na pasada temporada, durante un período de dous meses cunha achega de 24.000 euros. Deste xeito, “a Xunta completa e reforza o operativo de socorrismo de Ribadeo este verán”.
O popular indica a importancia de “dotar de vixilancia aos nosos areais pensando na seguridade dos usuarios das praias ribadenses” e sinala que se trata dunha acción “positiva para Ribadeo tendo en conta que o noso é un municipio turístico”. É, pois, “un sinal do apoio da Xunta ao sector turístico” ao mesmo tempo que “demostra o traballo coordinado que está a desenvolver a Administración autonómica coas distintas administracións locais ás que dota de orzamento para a contratación de persoal. Neste caso concreto, a contratación de oito socorristas”.
Vega recorda que “a Xunta inviste en cada un dos concellos da nosa comarca e, neste caso, no de Ribadeo”. Así, ademais de colaborar na contratación de profesionais que velen pola seguridade dos bañistas e visitantes das praias de Ribadeo, esta nova achega do Goberno galego “permitirá a contratación de oito persoas en situación de desemprego durante un período de dous meses” que se suman á contratación doutras seis persoas con cargo ao Aprol Rural e unha da contratación Risga”.



















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



