Compostela 13-6-19. A orientadora laboral que atende estes concellos, Raquel Grandío, realiza preto de 11.200 quilómetros ao ano nos desprazamentos que realiza para atender as zonas rurais.
O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.
Raquel Grandío é unha das orientadoras laborais que ten COGAMI nas instalacións de Lugo e que se despraza ata concellos que forman parte das comarcas de Terra Cha e Muras. Son arredor de 12.200 quilómetros anuais os que percorre Raquel Grandío para coñecer as necesidades das persoas usuarias dos concellos da súa zona de actuación. Estes desprazamentos que realiza o servizo de orientación laboral pretenden achegar o servizo ao entorno rural e evitar que sexan as persoas usuarias as que se teñan que desprazar ata as cidades, dadas as dificultades de desprazamento que existen nas zonas rurais, con núcleos de poboación dispersa, falta de transporte público e, no caso de habelo, non é adaptado.
É dende o ano 2000 que o SIL ten operativo este servizo de atención itinerante no medio rural. Mediante contacto telefónico ou vía correo electrónico, a orientadora concreta unha cita presencial coa persoa usuaria do servizo de emprego e formación, onde actualizará o seu curriculum, os datos persoais e tamén lle preguntará polas inquedanzas e preferencias para desenvolver un posto de traballo.
As persoas que contactan por primeira vez co servizo fano tras ser informadas por persoas coñecidas que xa están inscritas na bolsa de emprego de COGAMI ou tamén porque son informadas da súa existencia a través dos servizos municipais de Orientación Laboral ou de Traballo Social. Existe un contacto fluído con estes servizos da administración local e COGAMI, polo que cada vez que lles pide atención unha persoa con discapacidade, os profesionais destes servizos encárganse de derivalas a COGAMI. Precisamente, moitos dos puntos de atención na zona rural son nas instalacións municipais que ceden os concellos, ademais de centros sociocomunitarios da Xunta.
Nas comarcas de Terra Cha e A Mariña están apuntadas na bolsa de emprego que manexa COGAMI un total de 602 persoas, como reflicte o seguinte recadro:
A Fonsagrada
11
Baleira
4
Alfoz
8
Burela
51
Foz
47
Lourenzá
3
Mondoñedo
14
O Valadouro
9
Cervo
21
Ourol
2
O Vicedo
6
Viveiro
119
Xove
19
Barreiros
17
A Pontenova
12
Ribadeo
66
Trabada
7
Meira
9
Pol
14
Ribeira de Piquín
1
Riotorto
3
Abadín
9
Begonte
22
Castro de Rei
21
Cospeito
26
Guitiriz
32
Muras
1
A Pastoriza
8
Vilalba
104
Xermade
10
TOTAL: 676
Destas persoas integrantes na base de datos, durante o ano 2019, a orientadora laboral Raquel Grandío realizou un total de 120 orientacións destacando que, destas, 16 foron entrevistas a persoas que contactaron por vez primeira co servizo.
En canto aos perfís predominantes, resalta Raquel Grandío que na zona da Mariña adoitan ter un certificado de incapacidade para profesións relacionadas co mar, polo que é preciso a súa reciclaxe para volver ao mercado laboral. Tamén os perfís adoitan ser de baixa cualificación pero con boas habilidades comunicativas que poden desenvolverse en postos de cara ao público sen exixencia física.
Unha das funcións que ten o servizo de orientación laboral é manter o contacto fluído coas empresas da zona para sensibilizar e informar sobre os perfís de persoas que contén a base de datos. No que vai de ano, foron 23 as empresas visitadas das que 5 foron contactadas por vez primeira.
Segundo datos que manexa esta área, durante este ano foron 39 as persoas inseridas laboralmente nestas dúas comarcas, das que 5 lograron atopar traballo despois de finalizar un curso de informática básica que se impartiu en Vilalba.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



