Burela, 18 de xullo de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, insiste na necesidade de apostar polo tren da costa como servizo público. O rexedor referiuse ao ocorrido o pasado sábado na estación do tren de Burela, cando un grupo de rapaces pretendía empregar este medio de transporte para acudir a varias citas festivas na Mariña e en Ortigueira. E levaron unha sorpresa ao atoparse cun só vagón, que ía ateigado de xente e que xa non abriu as portas para recoller a máis pasaxeiros. Alfredo Llano avoga porque en breve se volva reunir a comisión da que forman parte Concellos da Mariña, de Ortegal e de Ferrol para seguir a loitar por un tren de calidade.
O alcalde burelés contou que “o pasado sábado, día 13, que coincidía co inicio das festas do Carme en Foz e tamén había o Festival Internacional de Ortigueira, a sorpresa foi que se achegara o tren desde Ferrol con só un vagón, cando se ve que hai síntomas de que non funcionan as cousas ben no tren de Feve, que agora é Adif”.
Alfredo Llano subliñou que “sempre defendín este servizo como público e que se ten que promover para que faga a súa función. O outro día quedou en evidencia que hai un problema gordo, que penso que é integral e quere dicir que hai que abarcar as infraestruturas, os trens, os servizos, os horarios e todo. Polo tanto en canto se normalice a situación política, hai un grupo de traballo de xente da Mariña, de Ortegal e de Ferrol xunto con representantes de Adif máis da Xunta de Galicia, e tratamos que se atendan as necesidades da comarca porque cremos que é un medio extraordinario para o desenvolvemento integral da Mariña, tanto para a xente que se despraza, para o transporte de mercancías e tamén para potenciar o turismo. Así que eu penso que hai que coller isto con seriedade e con rigor, e facer do tren un medio de confianza para trasladar a moita xente e mercancías, e apostar decididamente por este servizo público”.
Para o rexedor: “a imaxe que se deu o outro día deixa moito que desexar, evidencia que non está funcionando ben e debemos preocuparnos entre todos de que si funcione ben. Non é de recibo que un día de tanta xente pase isto. Tamén sei que na zona de Ortigueira ou non entraron ou ía xente sentada no chan e ao chegar a Burela nin abriron as portas porque estaba a reventar o tren e non puideron pasar. Outros anos nesa mesma data chegaron catro vagóns porque é o que se necesitaba para atender a demanda”.
Llano insiste en que “hai que procurar que entre todos, as institucións, poboación civil e organizacións, debemos ser conscientes da importancia que ten poñer en valor este servizo. Debemos traballar todos xuntos para acadalo. Tamén hai que pensar que debemos deixar colocar as máquinas dunha maneira tecnoloxicamente actual, electrificar a liña e preparar as infraestruturas. Hai moito investimento que facer, pero hai que insistir en que é moi necesario, porque no futuro eu creo que vai ser un dos medios máis eficaces e menos contaminantes que se poden empregar. Así que en canto haxa oportunidade volvemos retomar o tema para que estas demandas, que son colectivas, se leven adiante”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



