A Mariña, 20 de agosto, 2019. Os populares lucenses lamentan que as primeiras declaracións da nova secretaria xeral do PSOE en Lugo, Patricia Otero, sexan para xustificar a inactividade do Goberno central e antepoñer a defensa dos intereses do seu partido por diante da seguridade da veciñanza e dos visitantes da praia das Catedrais.
Neste senso lembran que a situación do areal ribadense non é distinta á do resto das praias de Galicia onde o Departamento de Costas do Estado ten plenas competencias para adoptar as medidas preventivas que garantan a seguridade das persoas que visitan estes espazos.
Aclaran que a praia das Catedrais está localizada integramente en terreos de dominio público marítimo-terrestre, competencia do Estado, e que o papel da Xunta limítase a regular a afluencia de visitantes como medida de protección do monumento natural, pero hai outros aspectos, como a seguridade, nos que a Xunta non ten competencias directas.
Desde o PP aseguran tamén que non pode entenderse como confrontación a advertencia realizada desde a Xunta en relación co resultado do informe xeolóxico encargado pola administración autonómica e que aconsella que a administración competente –neste caso a Estatal- reforce as medidas de seguridade e preventivas neste areal. Ante a falta de reacción de Costas a Xunta fixo o propio reforzando as sinais informativas de advertencia, pero Costas segue sen adoptar ningunha medida.
Para os populares que Patricia Otero busque descargar ao Goberno Sánchez das súas obrigas fai que quede inhabilitada para defender os intereses dos lucenses pero sobre todo, o que é aínda máis grave, demostra que por riba dos seus veciños prefire defender ao seu partido, incapaz de recoñecer que está a facer as cousas mal na praia das Catedrais co correspondente risco para as persoas.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



