Foz, 23 de setembro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, visitaron este mediodía as obras de mellora que está a executar Renfe no apeadeiro de Foz. Estiveron acompañados polo xerente do Servizo Público e Ancho Métrico da Cornixa Cantábrica, Javier González Villoria e polo concelleiro de Turismo e Actividades Económicas, Chema Linares.
A empresa pública ferroviaria comezou o pasado mes de agosto obras de reforma nos apeadeiros de Foz, Nos, Cangas de Foz, Covas de Viveiro e Viveiro por importe próximo aos 374.000 euros. As actuacións permitirán mellorar a accesibilidade das estacións mediante o recrecido de andéns con novo solado para adaptar á altura da plataforma do tren. Por outro lado, mellorarase a eficiencia enerxética coa instalación de alumeado LED, mellorarase a señalética e sustituiranse as varandas nos andénes onde sexa preciso.
Nos apeadeiros de Nois e Cangas de Foz sustituiranse as actuais marquesiñas, xa deterioradas, por unhas novas, seguindo o modelo doutras estacións da rede.
Está previsto que todas estas actuacións estean finalizadas o próximo mes de xaneiro de 2010.
Dentro deste proxecto, Renfe tamén ten previsto mellorar, na provincia da Coruña, a accesibilidade do apeadeiro de Virxe do Mar, mediante a instalación dun ascensor para acceder desde o nivel da rúa ao andén, que se atopa nunha cota elevada. Neste momento, esa actuación atópase en fase de licitación por un importe de 153.800 euros.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



