Lugo, 22 de outubro de 2019. A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra, presentaron esta mañá as III Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural organizado pola asociación pedagóxica coa colaboración da Área de Cultura que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto.
O programa inclúe relatorios e mesas redondas a cargo de diferentes persoas e colectivos do eido educativo, económico e social da Terra de Miranda -Riotorto, A Pontenova, Meira e Trabada- que exporán as súas experiencias e iniciativas en relación co desenvolvemento rural.
No cartel da xornada, destacan as conferencias de Narciso de Gabriel, pedagogo e autor de investigacións sobre a escola rural e da obra Elisa e Marcela, e do economista e político Xosé Manuel Beiras, cun relatorio arredor das “Claves para interpretar o medio rural galego do primeiro cuarto do século XXI”.
O presidente de Nova Escola Galega subliñou que as xornadas explicou que as xornadas “foron mellorando ano a no o seu programa e a súa capacidade de convocatoria, ata involucrar nesta edición a unha vintena de asociacións e colectivos culturais da zona”. “Agardamos que este encontro sirva tamén como punto de inicio para desenvolver algunha acción conxunta en relación coa problemática do rural desde a Terra de Miranda”.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, agradeceu a organización a NEG a “organización deste foro para analizar a situación do medio rural, dando voz ás persoas que traballan nel e visibilidade ás iniciativas que desenvolven. Son exemplo de que hai un futuro posible no rural pero cómpre unha estratexia global de desenvolvemento da que aínda carecemos. Esa posta en común de experiencias desde o ámbito educativo, que é central en calquera sociedade, debería servirnos para avanzar nesa dirección antes de que sexa máis tarde”, subliñou.
Á presentación asistiron o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, o alcalde da Pontenova, Darío Campos, e o alcalde accidental de Meira, Agustín Méndez.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



