Ribadeo, 23 de outubro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance positivo do acordo asinado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo para a promoción de 40 vivendas que se destinarán a aluguer social. Estarán situadas nun inmoble na avenida Rafael Fernández Cardoso. O rexedor considera que se trata dunha boa nova e dun paso importante xa que se vai resolver a situación dun edificio que leva construído uns quince anos e que presentaba un aspecto lamentable. O prazo de execución das obras, que suporán un investimento de máis de 2 millóns e medio de euros, será de 24 meses. O Estado aportará 954.000 euros, a Xunta 27.000 euros e o promotor o 63% restante.
O rexedor ribadense dixo: “valoro moi positivamente este acordo que se asinou a tres bandas entre o Concello de Ribadeo, o Ministerio de Fomento máis a Xunta de Galicia, relativo á promoción de 40 novas vivendas de aluguer dentro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Entendemos que é un paso moi importante por varios motivos. Por unha banda, porque se van poñer a disposición, dentro dun tempo, unha boa cantidade de vivendas de aluguer con características de aluguer social e pola outra, porque o promotor, que solicitou este programa estatal, vai resolver unha situación na que o Concello levaba un tempo dialogando para darlle unha saída axeitada a un edificio iniciado hai uns quince anos e que quedou paralizado con pouco máis que a súa estrutura básica levantada, dando un aspecto actualmente lamentable”.
Fernando Suárez contou que “este edificio, que está situado na avenida Rafael Fernández Cardoso, se vai concluír, pasará a prestar esta función de poñer no mercado 40 vivendas destinadas ao aluguer por un período mínimo de 25 anos, debendo ter estas vivendas unha cualificación enerxética mínima da categoría B. Para todo isto, este promotor terá unha axuda que vai completar a inversión global que está cifrada en 2.665.000 euros, dos cales o Ministerio de Fomento aportará 954.000 euros, é dicir o 35%, e a Xunta de Galicia aportará 27.000 euros, o que supón o 1%, tendo que poñer o promotor o 63% restante”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “as vivendas que resulten desta actuación terán uns prezos de aluguer máximo que están establecidos no artigo 23 do Real Decreto 106/2018 do Plan Estatal de Vivenda, sobre todo para xente de especial vulnerabilidade cuns topes máximos. As obras terán que facerse nos prazos que se indican neste acordo, que son 24 meses. Polo tanto creo que é unha boa noticia. Vai ser executado nos próximos meses todo este edificio e logo a xente que queira pedir información pode vir ao Concello de Ribadeo, ás oficinas de rehabilitación que temos na planta baixa que están abertas a todo o mundo para darlle a máxima información posible”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



