Ribadeo, 6 de novembro, 2019. O Grupo Municipal do PP pediu respecto para os ribadenses durante a última sesión plenaria da Corporación local en relación á subida de distintas taxas municipais por parte do goberno local debido ao atraso acumulado na súa actualización.
A concelleira popular Begoña Sanjurjo sinalou sobre o imposto que grava o subministro de auga que “na comisión informativa o rexedor local asegurou que non se tivera actualizado dende setembro de 2011 debido a que situación económica non era boa”. Agora, que se ve incrementado nun 7,2% debido á variación do IPC acumulado, os populares propuxeron realizar unha subida gradual, pouco a pouco, ao longo dos vindeiros anos “porque o contexto económico non parece mellorar”.
Ao ter rexeitado dende o goberno do BNG aplicar este medida que pretendía evitar prexudicar aos fogares ribadenses, os edís do Grupo Municipal Popular votaron en contra desta actualización, de igual xeito que no caso da actualización da taxa polo saneamento. Sanjurjo criticou que “o equipo de goberno asegure que a subida non se notará porque se reduce a taxa da recollida do lixo que se cobra no mesmo recibo” ao entender que “os ribadenses merecen notar esa baixada que aplica Sogama –non o Concello- e non teñen por que sufrir unha subida noutro concepto para compensar que o equipo de goberno do BNG non actualizara a taxa ano a ano”. Ademais, para a popular “é incrible que dende o executivo do BNG propoñan unha subida de máis do 7% por un servizo que é deficiente”.
Sobre a reducción do imposto pola recollida do lixo -para a que os populares se amosan a favor-, Sanjurjo sinalou que “hai que ser fiel á verdade” e, polo tanto, explicou que “esta baixada non a propón o goberno local, senón a administración autonómica”. Concretamente, expuxo que “dende o Concello de Ribadeo deberíase ter repercutido na veciñanza xa o ano pasado unha bonificación do 10% no canon de Sogama; pero non se fixo”. Agora, polo tanto, “Sogama insta ao Concello a repercutir sobre a taxa unha bonificación acumulada do 20% e a partir do 2021, do 10%”.
Modificación do IBI
Os populares votaron non á modificación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ao considerar que se trata dun “chanchullo” do executivo ribadense. Sanjurjo desmentiu “a suposta baixada deste imposto” porque “para compensar a suba dos valores catastrais do coñecido como catastrazo, o imposto si que baixa este ano; pero recupérase no 2020 para o que a ordenanza do 27 de marzo do 2018 fixa o coeficiente aplicable sobre o valor catastral para o cobro do IBI nun 0,62 subindo dende o 0,57”. Polo tanto, “o IBI non baixa, senón que sube”.
Tendo en conta que o Grupo Municipal Popular levaba no seu programa electoral a baixa dos impostos municipais, os edís do PP votaron en contra desta modificación.
Subministro eléctrico e servizo de telefonía
Na quenda de rogos e preguntas, os populares esixiron ao goberno de Fernando Suárez que estude distintas ofertas de empresas de subministro eléctrico e de telefonía co obxectivo de “reducir gastos xerais e contribuír, así, a cumprir a regra de gasto e, polo tanto, evitar as discrepancias que amosa tesourería”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



