CERVO .- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, acompañada de técnicos provinciais, supervisou este martes o remate das obras que o organismo provincial levou a cabo na estrada provincial CP 1503, que vai de Riocobo por Trasbar a Vilaestrofe, no Concello de Cervo.
A Deputación acondicionou un treito de 3 quilómetros, dende Castelo a Trasbar, nos que aplicou aglomerado en quente e instalará nos vindeiros días a sinalización vertical e horizontal correspondente, así como os ollos de gato. Concretamente, os traballos, nos que a Deputación investiu 200.000 euros, leváronse a cabo dende o punto quilométrico 2,800 ó 5,100. A Vicepresidenta Segunda subliñou que “a Deputación está coa Mariña e cos veciños e veciñas deste Concello. Hai unhas semanas estabamos neste mesmo municipio, onde puidemos comprobar como a Deputación acondicionou a estrada que vai de Vilaestrofe a Rúa. Son dúas actuacións importantes coas que damos resposta ás necesidades dos cidadáns, quen durante moitos anos tiveron que sufrir como o anterior goberno da Deputación miraba para outro lado”.
O organismo provincial xa acondicionara o treito deste vial, dende o punto quilométrico 0,000 ó 2,800, en 2008. Neste senso, Lara Méndez destacou que “esta era unha das obras que deixara o equipo de goberno anterior sen executar. Nada máis chegar ó goberno arranxamos preto de 3 quilómetros porque se trata dunha vía moi importante para os veciños. É un exemplo de que na Deputación buscamos solucións fronte ó PP que é quen os crea”.
1,4 millóns de euros na CP 1502
A Deputación tamén acondicionou a CP 1502 que vai de Burela por Vilaestrofe a Rúa. En total, 5,4 quilómetros, nos que se investiron 1.427.999 euros. Rematados os traballos de aplicación de aglomerado en quente, de pintado, e sinalización vertical e horizontal no treito que vai dende o punto quilométrico 2,600 ó 5,400, tan só queda a construción da rotonda que facilitará o acceso a Burela, Sargadelos e a Rúa.
A Deputación xa asfaltou en xaneiro de 2009 un treito de 2,600 quilómetros desta mesma estrada, que formaba parte do POL 2005. Neste caso, o proxecto aprobado polo goberno do Partido Popular só prevía o asfaltado de 900 metros mentres que nos outros 1.700 tan só se contemplaba unha capa de zahorra. Tralas xestións realizadas pola Vicepresidenta Segunda, deuse a máxima prioridade a esta obra á que o organismo provincial destinou 154.895 euros, evitando que se perdesen os fondos europeos.
Outros investimentos en Trasbar
A responsable provincial tamén visitou dúas obras que a Deputación executou na parroquia de Trasbar. Concretamente, o campo da festa que foi acondicionado co Plan de Comunidades Veciñais e no que se investiron 12.000 euros. Así mesmo, Lara Méndez tamén supervisou a construción dun muro de contención que a Deputación executou na CP 1503, logo de que a estrada sufrise un derrubamento que invadía as inmediacións da casa dun dos veciños da localidade. A institución provincial, atendendo a petición dos veciños da zona e logo das xestións realizadas por Lara Méndez, acometeu esta obra que foi sufragada con cargo á Conservación da rede viaria provincial.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



