Lugo, a 4 de marzo de 2020. As institucións públicas están ao servizo dos cidadáns. Para servir debidamente aos intereses dos contribuíntes, os seus máximos responsables teñen que estar permanentemente dispostos a escoitalos, ben directamente ben por medio dos seus representantes. No caso da Deputación de Lugo tal circunstancia non se da, polo menos no que se refire ao seu presidente, o socialista José Tomé, porque tarda meses e meses en recibir aos alcaldes e portavoces do Partido Popular. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, critica con dureza esta falta de respecto a quen representa a veciños da provincia de Lugo e avisa de que este é o exemplo no que os cidadáns poden comprobar que entende o PSdeG, liderado por Gonzalo Caballero, por participación, diálogo e transparencia.
Un dos casos máis chamativos é o do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, que leva seis solicitudes de reunión co presidente da Deputación sen conseguir que fixe fecha para o encontro. Salgueiro quere falar co socialista Tomé, entre outras cuestións, sobre o mal estado das carreteras provinciais no seu concello, así como de Alcoa. Sinala: «Se este é o modelo do PSOE do que fala Abel Caballero, se o modelo socialista é o de non recibir aos alcaldes e aos veciños, está claro que esa folla de ruta non serve para Galicia». Salgueiro engadiu: «Temos que dar a razón aos traballadores de Alcoa, que ao entrar na Deputación, na recente manifestación en Lugo, expresaron a súa profunda desconfianza nas políticas socialistas». Dixo tamén: «Este desplantes no os fai Tomé aos alcaldes do PP, que tamén, faimos aos veciños da provincia de Lugo». Salgueiro alude entre outras cousas ao acordo que firmou co anterior presidente da Deputación, Darío Campos, para o amaño das estradas provinciais no termo municipal de Xove. «Non entendemos como pode ter parada a execución dun acordo que está asinado, e que afecta aos veciños e ás empresas de Xove sen distinción de cores políticas». Recorda que o de Xove é un dos concellos que máis aporta a Deputación pola recadación do IAE de Alcoa, uns 400.000 euros cada ano.
Outros alcaldes populares tamén levan xa largo tempo esperando a ser recibidos polo socialista José Tomé. Nalgún caso a espera dura xa desde o pasado mes de outubro.
O portavoz do grupo popular na Deputación, Javier Castiñeira, sinalou: «Se algo xustifica as deputacións é a atención as necesidades dos concellos, e fundamentalmente dos concellos máis pequenos. Se hai alcaldes que precisan falar co presidente da Deputación de Lugo e non son atendidos, estase incumprindo o obxectivo número un destes organismos provinciais, que é a proximidade aos concellos. Hai alcaldes que teñen asuntos cuxa execución non pode esperar, que precisan da Deputación e teñen que ser recibidos con prontitude. Esta é a nosa reclamación: que o presidente da institución provincial reciba canto antes aos alcaldes da provincia, sexa cal sexa a súa cor política». Recorda que o PP goberna en máis de 30 municipios da provincia e que o popular e o grupo máis numeroso na Deputación.



















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



