Viveiro, 17 de marzo, 2020. Desde o Concello de Viveiro, dende o primeiro momento atendendo á situacion de risco das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, decretouse a suspension temporal parcial do servizo para preservar en todo caso a seguridade e saúde dos usuarios.
Esta suspensión temporal parcial non consistiu na supresión do servizo, senón na súa reorganización, mantendo en todo caso o servizo aos usuarios con necesidades para a vida cotiá e que tivesen necesidades de atención persoal.
O criterio seguido foi determinado en base a un estudo individualizado por parte das traballadoras sociais, de forma conxunta co persoal técnico da empresa, atendendo a criterios técnicos e contemplando que en ningun caso quedasen sen atender usuarios en situación de vulnerabilidade e con necesidades de axuda do servizo para as actividades da vida cotiá e atencións persoais.
Ao resto de usuarios suspendeuselles o servizo de asistencia domiciliaria presencial, para preservar a súa saude e evitar contaxios a este colectivo de risco. O servizo neste ultimo caso foi modificado á modalidade de atencion telefonica tanto por parte da empresa como por parte de servizos sociais, para poder detectar calquera necesidade de axuda.
A maiores habilitouse un número de teléfono diferenciado para persoas en situacion de vulnerabilidade, podendo detectar novos casos de necesidade de actuación e servizo, derivados do peche de centros de dia, etcétera.
No día de onte ditáronse polo Ministerio de Dereitos Sociais unhas recomendacions para a prestación do servizo de axuda no fogar, que coinciden plenamente con todas as medidas que este concello xa tiña implantadas: mantemento do servizo para necesidades persoais, reestruturación do servizo atendendo ás necesidades individualizadas, establecemento de servizo a distancia, etcétera.
De todas formas, a atención desta recomendación foi posta en coñecemento da empresa, precisamente para estar pendiente das novas recomendacións neste senso que poidan ditarse nun futuro.
Trátase dunha situación excepcional na que compre ir adoptando medidas en función da situación, medidas que pode haber que ir modificando co transcurso do tempo, tal e como tamén recoñece o Ministerio de Dereitos Sociais, indicando que a recomendación emitida no dia de onte é unha primeira versión que poderá ir sufrindo variacións.
É unha situacion na que todas as administracións teñen q ir adaptándose as circunstancias q van xurdind, pero dende o Concello de Viveiro en todo momento se velou por atender a todas as situacions vulnerables e garantir o servizo, en conxunción coa seguridade e saúde dun colectivo de alto risco.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



