Ribadeo, 18 de marzo de 2020. O Concello pon en funcionamento un servizo de apoio para a xente que se poida sentir vulnerable durante este estado de alarma que vivimos, tanto na vila como nas parroquias. O alcalde, Fernando Suárez, contou que se trata da creación dun teléfono único para resolver necesidades básicas que agora se ven comprometidas como ir ao supermercado facer a compra ou á farmacia. O número habilitado é o 982 120 739, que estará operativo todos os días da semana entre as nove da mañá e a nove da noite.
O rexedor dixo que “nestes momentos especiais, nestes días de confinamento, vemos que poden acontecer situacións que non estiveran previstas. Nun período normal, os Servizos Sociais van tendo un coñecemento das situacións familiares de risco. Pero nun período excepcional como o que nos toca vivir, as necesidades e os problemas, poden aparecer en calquera momento”.
Suárez Barcia subliñou que “é polo que desde o Concello de Ribadeo, creamos un único teléfono de contacto, un servizo de APOIO para aquelas persoas que nos poidan necesitar, para a xente que se poida sentir vulnerable, tanto da vila como das parroquias. Trátase dun servizo pensado para a xente maior, pero non só dirixido a ela. Creamos un teléfono para resolver necesidades básicas que agora se ven comprometidas: ir ao supermercado facer a compra, ir á farmacia ou outra necesidade urxente similar. Habilitamos o 982 120 739 todos os días da semana, de luns a domingo e de 9 da mañá a 9 da noite”.
O alcalde explicou que “temos para iso toda a rede de cobertura para poder responder con efectividade, temos aos nosos traballadores e traballadoras xa especializados nos servizos sociais, pero temos tamén a todos os que agora podemos mobilizar e reasignar a estes servizos. Tamén a Policía Local, que colaborará na entrega de alimentos e no que sexa necesario”.
Fernando Suárez engadiu: “quixemos crear este servizo de proximidade para que ninguén se sinta só, que ninguén se sinta desprotexido nestes días que quedan por diante. Polo que ninguén dubide en chamarnos cando queira. Aquí estaremos para apoialo”.


























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.



