BURELA (FNC) .- Os veciños de Burela poderán consultar na páxina web de Espina y Delfín os seus consumos de auga ou cambiar de domiciliación os seus recibos, entre outras casas. Este novo servizo foi presentado este mediodía no Concello polo alcalde e polos responsables da firma.
Alfredo Llano subliñou que “estamos diante dun servizo que se dará aos Concellos e nós colaboraremos con eles porque leva unha información básica da oficina de Espina y Delfín, os cidadáns poderán acceder a taxas, regulamentos, ao canon da auga da Xunta ou a calquera outra lexislación aplicable no noso concello. Tamén poderán notificar os cambios de domiciliación do pagamento, facturación on-line e estar ao tanto dos consumos que van facendo de xeito mensual, bimensual ou anual. É un servizo que se inaugura agora para o noso concello, e agardo que os nosos veciños o poidan empregar con facilidade. Aquí no Concello poderán obter información sobre como acceder a esta páxina web, será dunha forma moi sinxela”.
O xefe do servizos de augas de Espina y Delfín en Burela, Juan Moreno dixo que “la página está en funcionamiento desde ya. Lo que hay es un acceso a una información en tiempo real, a toda la legislación aplicable, además existen links con las páginas web tanto del Concello como de otros organismos oficiales donde poder cotejar dichos datos. Y luego mediante un sencillo sistema para darse de alta, se solicitan unos datos básicos para garantizar la autenticidad y la privacidad del servicio. Se podrá acceder a notificación de lectura de contadores, a cambios de domiciliación del recibo, a facturas on-line y lo que son todos los consumos de nuestros clientes”. Moreno engadiu que “los interesados pueden entrar en www.espinaydelfin.com. Para las cuestiones generales sobre legislación no hace falta darse de alta… en este caso encontrarán teléfonos de interés nuestros como los de urgencias o averías, la localización de nuestro oficina en Burela y luego dándose de alta en la oficina virtual de atención al consumidor acceder a todo lo que hemos contado antes”






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



