Os combates necesitan épica. Antes de que os soldados xoguen coa morte nas trincheiras, o historiador xa escribira as razóns da guerra. E non esperen matices nos relatos épicos: os bos son moi bos e os malos comen nabos crus por cea. Os heroes non teñen problema de conciencia nin deben visitar o psicólogo de garda porque a “Liña Maginot” entre o ben e o mal é tan nítida como a fronteira entre o bo gusto e Sálvame Deluxe. Os combates políticos tamén precisan da épica. Quens votan queren ser os protagonistas de Il Quarto Stato de Pelliza dá Volpedo, os guerreiros que usan o voto coma se fose un golpe de fouce. E por isto os discursos políticos baséanse en patrañas entre o ben e o mal, entre o Ceo e a Apocalipse, entre Jacob e o Home de Negro. Medo fortuna, as regras do xogo empezan a cambiar e anuncian un armisticio: Non máis narracións infantís, non máis polos entre o yin e o yan, nin Almodóvar nin tarantinos.
Non esperen unha conversión repentina e sexan indulxentes coa síndrome de abstinencia dos que son folgazáns, ineptos e con lingua fácil cando convocan rodas de prensa para votala a pacer e atacar a un desigual, un cidadán de a pé, sen cargos políticos nin presencia en listas dos mesmos.
Pero deberiamos forzar, entre todos, un cambio de estilo.¿ imaxinan un discurso político sen Cains e Abeles, sen Hansels nin Gretels?.
De entrada, obviar o discurso infantil do “Piove, porco goberno” ou o outro de “Piove, porco ladro”.
É absurdo intentar esconder os acertos dos Gobernos actuais, sexan locais ou autonómicos ou nacionais. Hai unha evidencia empírica da obra de calquera goberno e tan contundente, para ben ou para mal que non se pode esconder baixo a alfombra. Despois, podemos admitir que uns novos gobernos non serían ningún ogro e que o país funcionaría tamén con outro Presidente, alcade ou concelleiro. Ata, haberiamos admitir os méritos duns e outros, deberemos recuperar o valor do matiz, os tons do gris, o sentido común.
Pregoan por aí algúns que “A política está ferida, en perigo de morte”
Ao contrario. Se espimos a política do seu disfrace infantil, podemos devolver ao debate das ideas, dos proxectos, dos modelos, daquilo que afortunadamente nos fai diferentes. Contra o lume dalgúns eu recomendo a discreción dos eslógans e os sorrisos profident.
Cando falta menos dun ano para que teñamos a posibilidade de rescindirlles o contrato en precario que teñen algúns dos nosos politicos locais da “ Mariña”, dáse unha curiosa paradoxa: As novas formas de política poden ser os francotiradores da vella política, onde non hai ningún espazo para o combate das ideas. Ao carón do ring, quen consideran que os concellos actual son un equivalente ás sete pragas bíblicas: Onde pisou o cabalo do alcalde de turno nunca xamais medrará o herba. Alén, quen consideran que un goberno conservador pecharía as escolas, os hospitais, os fogares de avós…… Témome que, se non pomos remedio, volveremos a equivocarnos e xentiña con pouco “sentidiño comun voltara a sentarse nas poltronas populares e seguiran confundindo DEREITOS CON FAVORES. Os mesmos lobos, as mesmas chaquetas e os mesmos chaqueteiros.
Otero Regal



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



