Burela, 22 de xuño de 2020. A Concellería de Deportes de Burela organiza unha nova edición das actividades de verán destinadas aos nenos e nenas nados entre 2007 e 2014. Establecerase un protocolo para garantir a seguridade dos asistentes, que só van desenvolver deportes ao aire libre. Tamén se reduce o aforo, que será de 10 nenos e nenas para cada unha delas. A partir do 25 de xuño poderase realizar a inscrición. A campaña dará comezo o 6 de xullo e rematará o 28 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “desde a Concellería de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que imos iniciar as actividades de verán 2020. Visto que a situación se foi normalizando un pouco e que a xente ten inquedanza por ter actividades para os nenos, decidimos darlles para adiante un ano máis a estas iniciativas, evidentemente cunhas peculiaridades con respecto a outros anos debido ao Covid-19”.
O edil burelés explicou que “a partir do xoves, 25 de xuño, desde as dez da mañá, se van recoller as inscricións na Casa da Xuventude. O formulario vaise poder descargar na páxina web do Concello e tamén imos colgalo nas redes sociais para que a xente poida cubrilo na casa. Ademais poderán solicitalo no mail burela@burela.org.”
Fernández Rey indicou que “as actividades empezarán o 6 de xullo e rematarán o 28 de agosto. O prezo non variou con respecto ao ano pasado e vai ser de 8 euros ao mes por actividade. Poderán participar nenos e nenas nados entre 2007 e 2014 e evidentemente as circunstancias tamén nos obrigan a reducir o número de nenos por cada actividade, ímolo limitar a 10 prazas”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “respecto á seguridade da actividade, que é o que máis nos preocupa, imos facer un protocolo onde se van dar unhas pautas para que todos os nenos e nenas que asistan ás actividades as sigan. Trátase de desinfección, control de temperatura, uso de mascarillas cando sexa necesario e desinfección do material, co cal entendemos que imos poder facelas con total seguridade e sen ningún tipo de problemas”.
Ramiro Fernández engadiu que “os luns imos facer xogos na praia. Os martes, conxuntamente co Club Atletismo Burela de recente creación, imos facer atletismo. Os mércores imos facer rutas en bicicleta. Os xoves faremos xogos na praias outra vez e os venres rutas BTT. As actividades son ao aire libre, non queremos facelas en lugares pechados debido á situación que estamos a vivir, co cal entendemos que a seguridade se garante posto que co aire limpo parece que a infección con este virus é menos probable. En todo caso recomendarlle aos pais que se un neno ten febre ou se encontra mal non o manden ás actividades porque pode ser un risco para o resto dos nenos. Penso que co protocolo que imos darlles cando entreguen a ficha de inscrición cubrimos todos os riscos que poida haber. O 30 de xuño se fará pública a lista definitiva con todos os admitidos e esperemos que, como todos os anos, a xente desfrute desta actividade, tamén nosoutros queremos axudarlles un pouco a conciliar aos papás e nese tempo que o neno ou nena teña unha actividade física, que é moi importante”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
