A Coruña, 22 de xullo de 2020. Este xoves 23 de xullo a filla dun ex traballador da planta de Alcoa da Mariña vai entregar as 68.000 firmas que recolleu na súa campaña iniciada en Change. org/ NoAlCierreDeAlcoa para pedir ao goberno que interveña #ante o inminente peche das instalacións anunciado pola empresa e que supoñería a perda de máis de 2000 empregos. A entrega de firmas, á que acudirá Ana Isabel, terá lugar este xoves 23 de Julio ás 12 horas na Subdelegación do Goberno en Galicia.
A iniciativa en Change.org foi paralela ás mobilizacións iniciadas polos traballadores da planta de aluminio afectados polo peche da fábrica, convocando varias manifestacións e outras iniciativas como a carreira simbólica na que se percorreron máis de 1.000 quilómetros en total, un por cada posto de traballo ameazado.
Segundo a creadora da petición o peche da planta “supón o afundimento da economía dunha comarca enteira e doutras empresas dedicadas ao comercio, servizos e outros sectores que forman a actividade económica de toda a zona así como da dos seus traballadores e familias, na súa maioría novas e de mediana idade”.
“O meu pai traballou durante anos alí por iso se o esencial que é o traballo que ofrece a planta para as familias dos arredores”, engade Ana Isabel.




















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



