Lugo, a 27 de xullo de 2020. A corporación provincial celebrará mañá sesión plenaria ordinaria. Chega este pleno cando aínda non se apagaron os ecos das afirmacións feitas polo presidente José Tomé na sesión anterior sobre a súa vontade de non ampliar o ancho das estradas provinciais no que queda de mandato, porque, segundo dixo, no rural vive pouca xente. Alarmados por esta forma de entender a política, que é a mesma que leva ao Goberno central a deixar a Lugo sen trens, o PP insta a Tomé a rectificar, pedir desculpas aos residentes na zona rural e a deseñar medidas para combater o despoboamento. Os populares defenderán unha iniciativa neste sentido na sesión plenaria de mañá.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, quere que Tomé “aclare a súa postura sobre as estradas provincias que necesitan ser ampliadas, porque no pasado pleno, e ao fío dunha iniciativa do PP para ampliar a LU-P-4201, entre Paradela e o Saviñao, o presidente fixo declaracións que nos deixaron preocupados”. Nesa sesión, José Tomé afirmou: “Como principio para todo o mandato: o problema das estradas da Deputación é o firme, non é a anchura; lamentablemente, se valeron ata agora van seguir valendo porque cada vez hai menos poboación rural. A necesidade de ampliar non é tanta”. Castiñeira di que diante destas afirmacións “só hai dúas opcións: ou foi un erro, e entón solicitamos que pida desculpas e rectifique, porque causou grande preocupación nos concellos pequenos do rural; senón foi un erro e esa é a liña do bipartito, facer inversións segundo haxa poboación ou non, entendemos que debe rectificar esa idea”.
Os populares recordan que Goberno central di que suprime servizos ferroviarios en Lugo por falta de clientes, un argumento falaz, porque se non hai clientes é porque non hai servizos que cubran as súas necesidades. Pois Tomé, na mesma liña, segue o mesmo camiño e de maneira tan desafortunada que conseguiu que as redes sociais arderan durante días coa súa intervención. No PP din que Tomé deixa ver con claridade cal é a súa posición na loita contra o despoboamento e en canto aprecia a opinión dos especialistas que consideran que a crise sanitaria abre un escenario de oportunidades, a efectos laborais e de residencia, para o medio rural. Para que o rural sexa atractivo para vivir, precisa boas infraestruturas, sinaladamente boas comunicacións.
O portavoz popular sinala: “Se as deputacións existen é para axudar as poboacións pequenas a que teñan máis e mellores servizos, e as estradas son algo moi importante. Nós cremos que non foi un erro, que esa é a intención do goberno da Deputación de Lugo, e así quedou moi claro ao inicio do mandato cando un dos membros do goberno provincial dixo que non cría nas deputacións; obedece a unha liña estratéxica, porque o PSOE e o BNG gobernan os concellos máis grandes, con máis poboación, e non lles interesan o concellos pequenos, gobernados polo PP. Parécenos gravísimo. Pedimos que haxa unha rectificación e unha política contra o despoboamento e o fomento da vida no rural. E se foi un erro, rectifique canto antes para que a xente do rural este máis tranquila”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



