Viveiro, 23 de outubro de 2020. Nunha das entradas de Celeiro, hai unha vía urbana, á que algúns chaman Os Espiñeiros, no entorno de Lavandeiras e con entronque coa rúa Ramón Canosa, cerca da Casa do Mar, que está sen pavimentar, a pesar de que dá acceso a garaxes e a unha escola de mergullo. Segundo o Catastro, é solo de dominio público marítimo terrestre; é dicir, non é do Concello. Á vista do mal estado desta vía e das molestias que iso supón para os veciños máis directamente afectados, en particular, e, en xeral para todos os que teñen que circular por ela, o grupo municipal do PP presentará un rogo na próxima sesión plenaria, para que o goberno municipal faga as xestións necesarias co titular do terreo para a pavimentación nas debidas condicións.
Os concelleiros populares Óscar Rodríguez e José Soto comprobaron in situ o mal estado en que se atopa o firme desta rúa sen acabar de urbanizar, ou, polo menos, sen asfaltar. Ten gran número de fochancas, algunhas delas de gran tamaño que cando chove se converten en verdadeiros lagos. O mal estado do firme fai que sexa incómoda a circulación rodada, pero moito máis a peonil, dado que os camiñantes teñen que pisar moitas pozas e, cando pasa un coche, con frecuencia sofren salpicaduras.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que, comprobado que a rúa non pertence ao Concello, queren que dende a institución municipal se leven a cabo as xestións necesarias co organismo do que dependa a vía para demandar a súa reparación. Tamén consideran admisibles fórmulas de colaboración interinstitucional, polas que, de chegar a un acordo, sexa o propio Concello o que asuma directamente as obras.
Rodríguez di que, en todo caso, non é admisible que esta vía se atope sen urbanizar, polo menos sen pavimentar debidamente, xa que está nunha zona urbana, nunha das entradas de Celeiro, unha localidade que cada ano recibe un gran número de visitantes.
Internet en Celeiro
Por outra parte, os concelleiros populares presentan un rogo para corrixir o déficit que sofren os veciños de Celeiro en canto ao servizo de Internet. Os populares queren que por parte do equipo de goberno do Concello se realicen as xestións necesarias coas empresas que están a instalar fibra óptica na zona, para que os veciños poidan dispoñer dun servizo de calidade. Destacan que Internet é unha ferramenta indispensable non só para a comunicación senón tamén para realizar estudos e traballos profesionais e resulta lamentable que este servizo non chegue con garantías ao centro dun núcleo urbano.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



