Burela, 23 de novembro de 2020. A Concellería de Muller e Igualdade programa para esta semana diversas actividades en torno á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, que se celebra o día 25 deste mes.
Bufando (Burela Actúa Fronte Á Violecia De Xénero) inclúe hoxe, luns, ás 18:30 horas no Salón de Conferencias do Concello, a xornada titulada Coñece, entende e coida o teu solo pelviano, impartida por Ana Rivas, fisioterapeuta especialista en fisioterapia uroxinecolóxica e obstétrica. Esta charla, con capacidade limitada, será retransmitida en streaming na canle de Youtube do Concello de Burela.
O vindeiro mércores, día 25, ás 12:00 horas, na Praza do Concello terá lugar a lectura do manifesto institucional do Día contra a Violencia de Xénero. Ademais procederase á difusión e ao reparto de material do programa Bufando (Burela Actúa Fronte á Violencia de Xénero) e da campaña En Negro contra as Violencias. Tamén se informará sobre o V Plan de Acción Municipal para a Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Burela.
Os días 26 e 27, xoves e venres desta semana, no Salón de Conferencias do Concello de 9:30 a 13:30 horas celebraranse as xornadas sobre Competencias dixitais para o emprego e o emprendemento, dirixidas a mulleres e impartidas pola Fundación Mujeres. Ademais o día 26 ás 12:30 horas no Salón de Conferencias terá lugar a xornada titulada Prevención do Acoso na Rúa, dirixida a toda a poboación e impartida por Fundación Mujeres.
Do 23 ao 29 de novembro a fachada do Concello estará iluminada de morada e tamén se colgará da fachada unha pancarta conmemorativa.
Todas as xornadas teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa. As persoas interesadas poden inscribirse no CIM, no teléfono 982 580 609 e a través do correo electrónico cim@burela.org.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



