Ribadeo, 25 de novembro de 2020. A segunda edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, amplíase ata o vindeiro 5 de xaneiro. Así se aprobou no pleno celebrado onte, co obxectivo de beneficiar ao sector comercial e hostaleiro, que se están a ver moi afectados pola pandemia do covid-19. A partires do 1 de decembro poñeranse en circulación outros 2.000 novos packs de panchas, cunha estimación de volume de negocio de 80.000 euros, que se suman aos 150.000€ da primeira parte da campaña, que a piques está de rematar.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, dixo que “nun dos puntos presentados polo equipo de goberno no pleno celebrado onte propuxemos e aprobamos a ampliación e a modificación da campaña das panchas, a nosa moeda local, para que se poida seguir desfrutando pola poboación e beneficiando aos establecementos comerciais máis alá do 1 de decembro, concretamente amplíase ata o 5 de xaneiro de 2021, cubrindo así a totalidade da época do Nadal”.
O edil ribadense subliñou que “esta ampliación está motivada principalmente para beneficiar ao sector comercial e hostaleiro de Ribadeo, que se está vendo afectado pola situación sanitaria e de restricións actual, e tamén para estimular o consumo e as compras por parte de toda a veciñanza e dese xeito seguir apostando por un Ribadeo activo, e todo un referente na comarca do comercio de proximidade, diverso e de calidade, e da nosa significada hostalería”.
Vizoso Galdo indicou que “para abordar esta ampliación facemos unha inversión económica de máis de 20.000 euros, procedentes na súa totalidade de fondos propios do Concello, o que supón poñer en circulación dous mil novos packs de panchas e unha estimación de volume de negocio no comercio de Ribadeo dun mínimo de 80.000 euros máis, que hai que sumar aos 150.000 euros que se estima que xeraría a campaña inicialmente prevista”.
E engadiu que “para facer esta campaña aínda máis atractiva, decidimos tamén suprimir o límite actual de compra de tres packs por persoa e así, a partires do próximo 1 de decembro calquera persoa maior de idade poderá adquirir os packs que necesite sen ter en conta esa limitación. Quero aproveitar para agradecer a colaboración que ACISA e ABanca están prestando para o desenvolvemento desta campaña e animo ao todos os veciños e veciñas de Ribadeo e dos concellos da nosa comarca a seguir comprando en clave local, e dando valor aos nosos sectores identificativos como unha vila activa, dinámica e aberta”.
Covid-19
Por outra banda o concelleiro de Desenvolvemento Local explicou “no pleno de onte tamén se debateu unha moción presentada polo Partido Popular sobre medidas fiscais con motivo da pandemia da Covid-19, que non prosperou porque se trataba dunha proposta das que poderíamos denominar como tipo e que en gran parte se limitaba a solicitar actuacións nas que os Concellos non teñen competencias, ou solicitar medidas que ou ben xa foron implantadas polo Concello de Ribadeo ou ben se seguen a adoptar e xestionar de forma continuada. O que si quedou en evidencia, no debate desta proposta, é a falta de compromiso amosada pola Xunta e tamén por outras administracións para combater e paliar as consecuencias socioeconómicas da pandemia porque nos deixan aos Concellos totalmente sos, cos poucos recursos dos que xa dispoñemos, e seguimos agardando a que se reciban os fondos comprometidos, sexan europeos, estatais ou autonómicos, para axudar ás empresas, aos autónomos, e en definitiva reactivar a economía. Creo que non son tempos para considerarnos como gobernos amigos ou doutro tipo entre uns e outros, senón que son tempos de traballar de forma colaborativa para saír desta situación canto antes e da mellor forma posible”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



