Burela, 26 de novembro, 2020. A Casa da Cultura de Burela acolle, o sábado 28, un novo espectáculo que busca concienciar a poboación sobre o impacto do cambio climático. A obra, titulada As Fillas Bravas e o mito de Casandra, ía ser presentada inicialmente no mes de maio, pero foi adiada debido á crise da Covid-19. Agora, despois despois destes duros meses de confinamento, desescalada e adaptación, Chévere artellou esta nova peza que expresa con contundencia a preocupación polo planeta destas tres mulleres de aldea.
A representación terá lugar ás 20:30 horas. A taquilla abrirase ás 19:30 horas, ao prezo será de 4 euros.
O espectáculo
As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.
Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada.
As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E, por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininos empoderados, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.
Sobre o mito de Casandra e o cambio climático
Casandra, filla do rei de Troia, era tan fermosa que Apolo ofreceulle o don da profecía, se aceptaba converterse na súa amante. Ela aceptou. Pero cando Apolo se lle achegou ela negouse. O deus, ofendido, pensa un castigo exemplar, sen deixar de cumprir a palabra dada: concédelle a Casandra o don de predecir o futuro, co engadido dunha maldición incontestable, ninguén vai acreditar no que ela di. E así foi. Casandra tratou de alertar sobre a verdadera natureza do cabalo de Troia e a caída da cidade en mans do exército grego, pero axiña descubriu que coñecer o futuro non serve de nada se ninguén cre no que dis.
Na actualidade, a maldición de Casandra materialízase nas persoas que se dedican á investigación científica. A ciencia trata de comprender, respectar e actuar acorde coas leis do universo, pero poucas veces se lle fai caso e a comunidade científica ve como a sociedade camiña irremediablemente cara un desenlace que se podería evitar. Un exemplo perfecto disto é o cambio climático, do que a comunidade científica de todo o mundo leva alertando como mínimo desde os anos setenta, sen que ninguén lle conceda a credibilidade que merece.
Ficha técnica
En escena: Patricia de Lorenzo (Isaura), Mónica García (Dosinda), Arantza Villar (Benedita). Dirección e dramaturxia: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Técnica: Xacobe Martínez Antelo/Fidel Vázquez. Asesoramento musical: Inés Portela. Comunicación: Xana García. Gráfica: Yoseba Muruzábal. Atrezzo e roupas: Maribel Gómez. Duración: 55 minutos. Unha produción Chévere, co apoio da Agadic/Xunta de Galicia e a colaboración do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



