
Foto de arquivo
Ribadeo, 26 de novembro de 2020. O Concello, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, poñerá en marcha un novo obradoiro de emprego, que dará comezo en decembro e terá unha duración de 9 meses. Suporá a creación de 20 postos de traballo entre a poboación de Ribadeo e estará centrado no turismo e nas novas tecnoloxías.
O edil Pablo Vizoso dixo que “este obradoiro, denominado #RibadeoXQsi, nace co fin de promocionar o Camiño Norte ao seu paso pola nosa vila e os recursos naturais, culturais e históricos vencellados ao mesmo como destino turístico, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos turísticos locais”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local explicou que “durante os nove meses de duración deste proxecto planificaranse e desenvolveranse varios produtos audiovisuais multimedia interactivos. Ao mesmo tempo, vaise promocionar e poñer en valor patrimonial o Santuario da Nosa Señora das Virtudes, situado en Arante”.
Vizoso Galdo contou que “serán dúas as especialidades formativas que se impartirán neste obradoiro de emprego: Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos e Promoción turística local e información ao visitante. Trátase dunha programación formativa integrada e conforme aos itinerarios de inserción profesional, dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade. Isto permitirá que ao rematar a súa participación no proxecto formativo, os alumnos/as participantes estean en condicións de incorporarse ao mercado laboral para ocupar postos de traballo vencellados coa imaxe, a edición dixital, o desenvolvemento de aplicacións multimedia, a información turística, a promoción turística, etc.
O edil ribadense sinalou que “durante o desenvolvemento deste programa mixto de formación e emprego, crearanse 20 postos de traballo entre a poboación do concello de Ribadeo, que serán os alumnos e alumnas traballadores que desenvolverán os proxectos aprobados, e estarán contratados a través da modalidade de contrato de formación e aprendizaxe. A maiores, contrataranse 2 persoas monitoras e unha persoa directora do proxecto”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local engadiu que “as persoas interesadas en participar como alumnas traballadoras deste programa deben ser maiores de 18 anos, estar desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego e facer a solicitude de participación na Oficina de Emprego de Ribadeo. Ao tratarse de especialidades formativas conducentes á obtención dun Certificado de Profesionalidade de Nivel 3, deben estar en posesión dun nivel formativo de Bacharelato ou similar. A convocatoria das prazas será publicada na sede electrónica e nos taboleiros do Concello de Ribadeo. O proxecto está promovido polo Concello de Ribadeo, cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



