O proxecto da Xunta de Núñez Feijóo de sobrancear a atención á Pardo Bazán nos contidos futuros do Pazo de Meirás afasta a súa reconciliación coa cidadanía coruñesa e galega que financiou a medio da violencia e intimidación franquistas a merca da propiedade para llela doar ao ditador.
Ningúen pode dubidar da máxima relevancia da Dª Emilia na historia da literatura castelá, da importancia da súa abondosa e variada biblioteca ou do seu protofeminismo, moito máis vencellado á igualdade no acceso á cultura e educación das mulleres ca ao recoñecemento dos seus dereitos políticos ou familiares (divorcio, etc.). A súa ideoloxía política, abertamente reaccionaria, non lle impediu integrar as achegas estilísticas do naturalismo ou as ideas pedagóxicas de Giner de los Rios, chegando ser unha sobranceira intelectual de dimensión europea. Mais…
Mais Dª Emilia adoptou escollas políticas evidentes, ben afastadas dos principios liberais, democráticos e galeguistas do noso Rexurdimento, como afirman os profesores Xosé Antón Fraga (último director do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses) e Helena Miguélez Carballeira, profesora na universidade de Bangor (Gales). Fraga ven de nos lembrar que a Pardo Bazán opta conscientemente polo carlismo tanto na versión insurreccional de 1873 canto no tradicionalismo pactista de 1886, sen por iso ´deixar de refugar sempre, dende 1873 até a súa morte no 1921, dos principios do liberalissmo democrático e do parlamentarismo. Pola súa banda, Miguélez Carballeira contrapón o clasismo e elitismo cultural da fidalga coruñesa e a súa dependente e subordinada de Galicia e das clases medias e populares co fondo vencellamento de Rosalía na cultura popular e na idea de xustiza social e do seu home, Murguía, no protagonismo político e cultural das clases medias na emancipación dunha Galicia dona de seu e actuante por si na Europa e no mundo.
Afondando nesa idea subordinada de Galicia, Pardo Bazán defendeu o carácter dialectal do galego e a súa validez limitada á poesía intimista e ás manifestacións folklorizantes do país, defendendo a exclusividade do castelán canto á produción científica e a literaria con arelas universalistas.
Os méritos da Pardo Bazán non poden agachar a indubidábel parcialidade política e cultural do plan de Núñez Feijóo para agachar a memoria democrática, recreando unhas ideas políticas e culturais-as de Dª Emilia-ben afastadas da mellor tradición liberal e democrática do pensamento galego.



















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.