Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2020.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe o pleno extraordinario do Consello Galego de Pesca no que se analizou polo miúdo o acordo acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre o brexit e no que expuxo a folla de ruta deseñada por Galicia para a defensa dos seus intereses ante todas as instancias, unha planificación que foi apoiada por unanimidade polos integrantes do pleno.
Esta estratexia, detallou a titular de Mar, terá como base os dous informes que a Xunta xa encargou sobre o impacto do acordo, un técnico-administrativo á Fundación MarInnLeg sobre a incidencia que terá na actividade extractiva e na comercialización dos produtos pesqueiros e outro ao Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña sobre as súas implicacións xurídicas.
Unha vez estean dispoñibles estes informes, o Executivo galego convocará un novo pleno do Consello Galego de Pesca para analizalos e conformar un grupo de traballo no que establecer as prioridades do sector pesqueiro galego neste eido para os vindeiros exercicios. Ao mesmo tempo, a Xunta solicitará unha reunión coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, e co presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, para trasladarlle o impacto que o acordo ten en Galicia.
Na mesma liña, e para coñecer todos os detalles do acordo -incluída a letra pequena-, a Xunta xa remitiu cartas aos eurodeputados españois que son titulares ou suplentes na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo co obxectivo de manter unha xuntanza no próximo pleno do Consello Galego de Pesca, expoñerlle a liña de traballo da comunidade e solicitar que se sumen a ela nas súas xestións ante as institucións europeas.
No ámbito europeo, Galicia tamén vai traballar co Comité das Rexións e coas comunidades e rexións do Arco Atlántico na busca de aliados para avaliar e reconducir esta situación posto que a clave está en seguir actuando unidos no seo da Unión Europea.
Estratexia
A folla de ruta deseñada por Galicia para actuar ante o brexit dá resposta a un acordo que a comunidade considera moi negativo tanto a curto como a medio e longo prazo para o sector -que volve a ser empregado como moeda de cambio- e polo que o Consello Galego de Pesca consensuou unha actuación coordinada e clara para facer fronte á incerteza xerada para a actividade da frota nos vindeiros anos e a perda de posibilidades de captura.
Neste sentido, a titular de Mar lamentou que o Executivo galego aínda non recibise información oficial nin do acordo nin dos seus termos por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e incidiu en que as consecuencias negativas do acordo terán efectos tanto na frota que faena en augas de Gran Sol como nos buques do caladoiro Cantábrico-Noroeste. “Trátase dun asunto que con que afecte a un só elo da cadea mar-industria vai repercutir no conxunto do sector e de Galicia”, aseverou Rosa Quintana.
Ao impacto directo na frota galega, lembrou a conselleira do Mar, súmanse outros aspectos como que os buques británicos non se verán sometidos á Política Pesqueira Común nin a normativas como a obriga de desembarque. Ao mesmo tempo, o Reino Unido non terá que aplicar medidas de redución do esforzo pesqueiro para garantir a sustentabilidade dos recursos e incluso podería incrementar a súa frota posto que contará con máis cotas que en 2020 grazas ao 25% das posibilidades de pesca europeas cedidas polo Executivo comunitario coa finalidade de chegar a un acordo.
Xestións previas
A titular de Mar salientou que a Xunta está a traballar desde o primeiro momento, co seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza na defensa dos intereses de Galicia e lembrou que o xefe do Executivo galego remitiu xa o pasado 28 de decembro unha carta ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, demandando que as negociacións sobre as cotas de pesca que haxa tanto co Reino Unido como no seo da Unión Europea sexan levadas ao máximo nivel e que Galicia estea presente nelas.
O Consello Galego de Pesca extraordinario celebrado hoxe súmase ás reunións mantidas os pasados días 26 e 27 de decembro -inmediatamente despois de coñecerse o acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido- cos representantes en Galicia da Alianza Pesqueira Europea (EUFA) e das distintas asociacións de armadores de buques de Gran Sol co obxectivo de facer unha análise preliminar do impacto do brexit sobre o sector pesqueiro.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



