Trabada, a 11 de febreiro de 2021. O grupo municipal do PP de Trabada considera necesario que o Concello leve a cabo a recollida de plásticos agrícolas. Para elo, segundo explica o voceiro popular, José María Fernández Vázquez, “no pleno correspondente ao mes de marzo defenderemos unha proposta para que se habiliten un ou dous lugares en cada parroquia, dependendo da carga da actividade agraria en cada unha delas, nos que os gandeiros e gandeiras podan depositar os plásticos agrícolas e que o Concello se encargue de realizar a recollida de ditos residuos neses lugares habilitados a través da fórmula que considere máis axeitada”.
Os populares destacan que “a recollida de residuos trátase dunha competencia municipal como ven establecido no artigo 26.1.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e, ademais, noutros concellos xa se está a facer unha recollida dos plásticos agrícolas a través de diversas fórmulas”.
Desde o grupo municipal do PP de Trabada “presentamos propostas en positivo e concretamos ideas en beneficio dos nosos veciños e gandeiros, fronte á propaganda do goberno municipal. Estamos nun concello pequeno e rural onde a nosa prioridade son os veciños e as súas necesidades, por iso ideas como esta facilitan o día a día e melloran a sustentabilidade do noso medioambiente e das nosas explotacións agrogandeiras”, conclúe o voceiro popular.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



