Lugo, 11 de febreiro de 2021. O bigoberno da Deputación ten tan asumido o valor das propostas do PP para a provincia que, por medo a perder pé no escenario político, ignora ou rexeita canta iniciativa leva o logotipo popular. O goberno presidido polo socialista José Tomé está máis preocupado de intentar bloquear ao grupo provincial do PP que de traballar polos intereses da provincia. Só así se pode entender que non aceptara a proposta para ampliar o prazo para que os concellos presenten os proxectos para o Plan Único 2021. O portavoz popular, Javier Castiñeira, recorda que “o pasado primeiro de febreiro solicitamos que a Deputación ampliase ese prazo; fixémolo a petición de varios alcaldes, que entendían que tres semanas de restricións, debidas á pandemia, dificultarían a tramitación, xa de por si ardua e complicada”. Engade Castiñeira que os populares, ademais, “faciamos alusión a que algúns concellos están en proceso de elaboración dos orzamentos municipais, o que fai aínda máis difícil tramitar a documentación do Plan Único; por todo elo, criamos necesario a ampliación do prazo, como mínimo nos 15 días que permite a lei”
Castiñeira sinala: “Chegado o remate do prazo, lamentamos o pouco caso que fixo o equipo de goberno da Deputación das reivindicacións dos concellos, especialmente dos máis pequenos, que dispoñen de moitos menos medios para tramitar este plan. O Plan Único supón para moitos deles máis do 50% dos seus investimentos e das posibilidades de atención ás necesidades anuais, que non poden abordar cos orzamentos municipais. Un mes de prazo é moi xusto para elaborar os proxectos técnicos e reunir toda a documentación e permisos sectoriais”.
O portavoz popular explica: “Hai uns días interesámonos, chamando ao equipo de goberno, por ver se valorara a posibilidade da prórroga, pero non recibimos resposta da intención do bipartito; observamos moi pouca vontade. Pasados os días vemos que non se fixo nada e que non se tomou en consideración a petición dos alcaldes. Agora só queda esperar que todos os concellos poidan presentar a tempo os seus planes e non teñan que desistir dalgún dos seus proxectos por falta de prazo”.
Para os populares, “o presidente demostra moi pouca capacidade de diálogo desde o primeiro minuto do seu goberno; rexeita de principio todas as propostas do PP simplemente por sectarismo político”. Castiñeira puntualiza: “E todo isto sumado ao continuo acoso nos plenos, saltándose incluso os dereitos que outorga aos deputados o Regulamento, como pasou na última sesión, na que deixou sen dúas quendas de réplica unha moción popular e mesmo o intento dende a presidencia de reducir o número de rogos cando non existe limitación neste sentido”. Remata instando “ao señor Tomé a que respecte á oposición e que non intente silenciala cos seus métodos do século pasado. O PP é o grupo maioritario da corporación provincial e debe ser tido en consideración, porque así o pide unha ampla maioría de lucenses”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



