LUGO .- Preto de 400 persoas participan esta semana nos 7 itinerarios organizados dentro do programa medioambiental da Deputación; así un centro de participantes do X Seminario de Atención ás Persoas Maiores fan o primeiro Paseo Cardiosaudable da Deputación e veciños da provincia redescobren Ribadeo a través da modalidade Xtreme e farán un treito do Camiño dende O Cádavo ata Castroverde con Km0 a Compostela.
NOTA DE PRENSA
Un centro de participantes do X Seminario de Atención ás Persoas Maiores fan o 1º Paseo Cardiosaudable da Deputación
– Veciños da provincia redescubren Ribadeo a través da modalidade Xtreme e farán un treito do Camiño dende O Cádavo ata Castroverde con Km0 a Compostela
– En total, preto de 400 persoas participan esta semana nos 7 itinararios organizados dentro do programa medioambiental
O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, recibirá hoxe pola tarde no Pazo de San Marcos ós participantes no X Seminario de Formación e Atención ás Persoas Maiores, dentro de Km0. En total, máis de 100 asistentes ó encontro organizado pola Federación de Pensionistas e Xubilados de Galicia de Comisións Obreiras visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño e fixeron o Paseo Cardiosaudable: Ponte a Andar! da Deputacion.
O Paseo, que transcurre polo río Rato, está formado por 10 mensaxes ou regras que se deben seguir para diminuir o risco de padecer alguna enfermidade cardiovascular: “levar unha dieta saudable; camiñar trinta minutos ó día; nunca fumes. Se fumas, déixao xa!; mantén o teu peso ideal; vixía a túa cintura; coñece e controla a túa tensión arterial; vixía os teus niveis de colesterol e glicosa; aprende a controlar o teu estrés e a túa ansiedade; coñece o teu risco cardiovascular; e comparte as túas dúbidas con outra xente.
Para súa posta en marcha, a Deputación contou coa colaboración da FEC e da SEC, organización sen ánimo de lucro, e que ten por finalidade a mellora da prevención, diagnose e tratamento das enfermidades cardiovasculares, achegando a mensaxe científica dunha vida cardiosaudable á sociedade.
Outras rutas
Ademais dos participantes do congreso, 48 integrantes da Asociación de Veciños “Os Muíños” do Páramo coñeceron este martes a Ribeira Sacra. Visitaron O Piago e o Ecomuseo de Belesar. Tamén subiron ó mirador do Cabo do Mundo e coñeceron a adega vía Romama. O itinerario tamén incluiu un percorrido en catamarán dende a praia da Cova. Asimesmo, 24 solicitantes individuais redescubriron Ribadeo a través da multiaventura e o deporte con Km0 Xtreme. A ruta elexida foi a de Móllate, que inclúe actividades como vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico.
O mércores 55 veciños de Pantón viaxarán ata a Mariña. No Concello de Burela, visitarán a lonxa, o Museo do Barco Boniteiro e as redeiras. No caso da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santa María de Meira a ruta elexida será a dos Peares, polo que farán o mesmo percorrido que o realizado hoxe polos veciños do Páramo.
O xoves, 48 solicitantes individuais farán unha treito do Camiño, dende o Cádavo ata Soutomerille con Km0 a Compostela. Ademais, percorrerán o pazo e a igrexa de Vilabade, e a torre fortaleza de Castroverde. Ese mesmo día, 48 membros da Asociación “San Estevo” de Roupar (Xermade) decantaranse tamén polos Peares, polo que visitarán o ecomuseo, o mirador Cabo do Mundo, a adega Vía Romana e a igrexa da Cova. Completarán o itinerario cun percorrido en catamarán pola zona.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



