Viveiro, 15 de marzo de 2021. A portavoz do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez e o deputado parlamentar, Daniel Castro, reuníronse na tarde do luns coa directiva de Aspanane para poñer en común a resposta remitida pola Secretaría de Estado de Relacións coas Cortes á pregunta feita polo deputado do BNG no Congreso dxs deputadxs, Néstor Rego, sobre o estado de tramitación da cesión da escola vella de Celeiro á Consellería de Educación da Xunta e ao Concello de Viveiro.
En dita resposta, trasládanse por parte da TXSS dúas comunicación claras:
1. En canto aos trámites de cesión da titularidade do colexio vello de Celeiro, confírmase que dito procedemento non foi enfocado como lexislativamente ten cabida, pois afirma a TXSS: “considérase que a figura xurídica procedente para a utilización do “ Colexio Vello” pola Comunidade Autónoma, para o desenvolvemento de actividades propias da súa competencia, é o alleamento por adxudicación directa, tendo en conta que supón a transmisión da propiedade do inmoble, con plena dispoñibilidade do mesmo, o que non ten lugar, por outra banda, mediante a súa cesión que, segundo a normativa patrimonial vixente no ámbito da Seguridade Social só contempla a cesión de uso, sen a cesión da propiedade.”
2. Segundo en referencia ao convenio a tres bandas (Xunta-Deputación-Concello) que non ten efecto en canto á cesión do mesmo, pois: “En canto ao triplo acordo entre a Xunta de Galicia, o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo ao que se alude, indícase que, un acordo no cal se adopta unha decisión sobre un inmoble alleo, sen o coñecemento do seu propietario nin intervención do mesmo, non pode ter efecto algún para a TGSS nin supoñer, por tanto, unha obrigación para o devandito Servizo Común.”
Tendo en conta os datos que aporta a TXSS, o BNG de Viveiro rexistrou xa o pasado 13 de marzo unha serie de preguntas para seren contestadas pola alcaldía en relación ao trámite de cesión, xa que o concello, como administración implicada, debería ser coñecedor desde novembro do 2020 que non é posible a cesión como estaba prevista.
Cal é a posible nova proposta por parte da TXSS e que actuación ten realizado o Concello para enfocar este proceso de maneira axeitada para non perder máis tempo, tal e como se vén facendo desde que en marzo do 2019 a alcaldesa anunciaba nos medios de comunicación:
“Este sábado es un buen día para todos los vecinos de Viveiro y de la zona por varios motivos: porque se va a hacer realidad la tan esperada residencia de Aspanane, porque se va a mantener la EOI en el ayuntamiento y porque se va a rehabilitar la antigua Escola de Celeiro”.
Por outra banda, o BNG no Parlamento Galego presentará unha pregunta na comisión correspondente para obter información clara e concisa do proceso en relación aos trámites que lle corresponden á Xunta de Galiza, así como tamén e de novo no Congreso a través do deputado Néstor Rego, de cales son as actuacións que a TXSS está tramitando actualmente para conquerir debandito proceso e cal é o motivo polo que non se tramita unha cesión gratuita do inmoble dacordo co apartado 4 do artigo 107 da Lei da Seguridade social que especifica 4. Os bens inmobles do patrimonio da Seguridade Social que non resulten necesarios para o cumprimento dos seus fins, e respecto dos cales non se considere conveniente o seu alleamento ou explotación, poderán ser cedidos gratuitamente para fins de utilidade pública, cando neste proceso se cumpre o obxectivo de ofrecer un servizo público.
Así pois, xa é hora de que todas as partes responsables deste bochornoso acordo dean explicacións á veciñanza, pidan desculpas e se senten a negociar, con luz e taquígrafos, todas as partes implicadas para buscar unha solución.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



