Lugo, 17 de marzo de 2021. Oito deportistas luguesas de renome tomarán a palabra esta primavera para promover entre a mocidade valores de igualdade, inclusión e de impulso ás rutas xacobeas da provincia no marco do proxecto ‘O Camiño que Nos Une’, que conta co financiamento do programa ‘O Teu Xacobeo’ e que foi presentado esta mañá no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
A iniciativa, ideada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, desenvolverase de xeito telemático e somerxerá ao alumnado de oito centros educativos no impacto positivo que teñen as rutas xacobeas sobre a contorna na que viven. En concreto, implicaranse oito IES e CPIs da provincia, con participantes de dous municipios por cada un dos Camiños oficialmente recoñecido: o CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita do Cebreiro e o IES do Camiño de Palas de Rei en representación do Francés; o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo e o IES Basanta Silva de Vilalba no Camiño do Norte; o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Lama das Quendas de Chantada como referencias vencelladas ao Camiño do Sur ou do Inverno; e, finalmente, como bandeiras do Camiño Primitivo, o CPI de Castroverde e o IES Lucus Augusti da capital da provincia.
As voces protagonistas serán as das deportistas, quen achegarán as súas vivencias e as súas traxectorias persoais e profesionais ao alumnado para conciencialo sobre igualdade e inclusión. Así, a atleta Alessandra Aguilar, a xogadora profesional do Pescados Rubén Burela Futsal Lara Balseiro, a xogadora de volei Nuria Bouza, a piragüista Tania Fernández, a judoka Sara Álvarez, as atletas Saleta Fernández e Adiaratou Iglesias, así como Hilda Rodríguez, primeira deportista galega en acadar unha medalla nuns Xogos Paralímpicos (Atlanta 1996) converteranse no fío condutor desta actividade, que contará tamén con materiais didácticos específicamente deseñados para cada ocasión.
Tal como subliñou o presidente da entidade promotora, Ángel Trabada, “aínda que o vínculo entre Camiño de Santiago e deporte é obvio e non se lle escapa a ninguén, na nosa Asociación somos conscientes da necesidade de traballar, como fan os clubes, a ‘canteira’ de futuras persoas peregrinas”, polo que “o primeiro paso indispensable é concienciármonos da oportunidade que supoñen as rutas xacobeas en termos culturais, socioeconómicos e de dinamización para a nosa provincia”. Esta cuestión vertebrará todas as sesións, que comezarán o luns día 22 de marzo en Pedrafita do Cebreiro, “porta de entrada a Galicia para tantas persoas que quixemos que, simbolicamente, tamén fose o noso punto de partida”.
Á marxe desta cuestión, Trabada tamén incidiu na “responsabilidade e o compromiso” cunha sociedade máis igualitaria e inclusiva, polo que avoga por un formato “dinámico, que dá voz e protagonismo ás persoas que, sen lugar a dúbidas, deben ser as absolutas protagonistas hoxe para, mañá, acadar un futuro do que nos poidamos sentir aínda máis orgullosos e orgullosas”. O representante desta entidade non dubidou en agradecer “a decidida colaboración que, dende o primeiro momento, amosaron tanto todas as deportistas coma os centros participantes, pezas sen as cales non poderíamos desenvolver esta actividade”. Ademais, fixo extensivo este recoñecemento ao programa ‘O Teu Xacobeo’, promovido pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, quen cofinancia esta iniciativa.
Por outra banda, Ángel Trabada aproveitou a súa comparecencia, na que tamén interviron a atleta Adiaratou Iglesias como unha das participantes no proxecto; o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, para reivindicar que “Lugo e Camiño de Santiago van tan da man coma as persoas peregrinas cos seus bastóns ao longo dos 30 municipios da provincia que contan con algún treito oficial nas súas superficies”.
Nese senso, apelou a estatísticas coma que o Camiño Primitivo conseguiu duplicar o seu volumen de peregrinos na última década (pasou de 7.661 en 2010 a 15.575 en 2019), ao tempo que aludiu ao papel singular da capital da provincia, con tres bens Patrimonio da Humanidade, como punto de partida do Camiño (das 2.696 persoas que a elixían en 2010 pasaron a representar agora 4.165). Fixo referencia tamén ás máis de 150.000 persoas que durante 2019 iniciaron o seu percorrido na provincia de Lugo, así como ao cambio de tendencia no sexo dos peregrinos. “Se en 2010 os homes eran os protagonistas, cun 55,75% do total, agora son as mulleres quen representan un 51,15%”, concluía Trabada.























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



