Ribadeo, 3 de xuño, 2021. Nun acto de conciliación celebrado o pasado 21 de maio, Cristalería Ribadeo S.L. recoñeceu a vulneración da liberdade sindical do representante legal dos traballadores, José López Gavín, da CIG, ao que lle viñan descontando do salario as horas que collía como crédito horario de horas sindicais para o exercicio das súas funcións como delegado de persoal, tal e como a lei dispón. Esta práctica víñase sucedendo dende xullo do 2019 e a empresa persistiu na mesma pese ás advertencias tanto verbais como por escrito que se lles fixo. A orixe desta práctica, ademais, está perfectamente datada e ten unha relación causa efecto evidente co feito que o delegado, no exercicio das súas funcións, e logo de que a empresa fixese caso omiso de varias advertencias , puxera en coñecemento de Inspección de Traballo varias cuestións que afectaban non só ás condicións laborais, como o exceso de horas, senón tamén a aspectos que poñían en perigo a propia saúde e seguridade dos traballadores.
“Despois de decilo por activa e por pasiva non me quedou máis remedio que poñelo en coñecimento das autoridades laborais porque eran cuestión que poñían en perigo a nosa saúde como o estado de varias máquinas, a utilización de certas sustancias químicas ou a falta dos correspondentes e obrigatorios Epis” afirma o propio delegado sindical que ten claro que “non me van calar pola vía da represión, porque non estou facendo nada que son sexa o correcto”.
Dende que esas denuncias se produciron, na empresa por unha parte un dos socios e encargado na pranta de producción recrudeceu unha xa de por sí tensa relación aumentando os improperios e as xa , por outra parte habituais, saídas de ton. E administrativamente foi cando cando comezaron a producirse os descontos en nómina na búsqueda de coartar o exercicio da labor sindical. Algo que nunca acadaron porque tal e como afirma o representante sindical “eu tiña claro que a lei estaba da miña parte e tamén a razón porque eu nunca fun contra a empresa por capricho senón por salvagardar a nosa propia integridade e sempre din tempo e oportunidades para que os problemas se solucionasen sen intervención da autoridade laboral nin da Xustiza”.
Finalmente esta situación tivo que ser posta en mans da xustiza polo que no conseguinte acto de conciliación a empresa recoñeceu os feitos e aveuse a compensar ao traballador polos danos morais ocasionados así como a reembolsar todas as cantidades indebidamente descontadas.
“Agardo que isto sexa o punto final a esta situación e que todo volva á normalidade. Eu seguirei traballando como sempre fixen e ao mesmo tempo tratando de velar polos intereses colectivos da plantilla á que represento, que para iso me elexiron”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



