
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugura por videoconferencia o evento final do proxecto europeo CleanAtlantic, titulado A loita contra o lixo mariño no Espazo Atlántico.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurou hoxe por videoconferencia o evento final do proxecto europeo CleanAtlantic, unha acción coa que Galicia se sitúa como un gran exemplo a nivel europeo na loita contra o lixo mariño dada a importante implicación público-privada acadada así como pola súa capacidade de xerar coñecemento global neste eido.
A titular de Mar lembrou que nesta iniciativa -coordinada polo Centro Tecnolóxico do Mar e coa participación de 19 socios de Irlanda, Portugal, Francia, Reino Unido e España- están presentes socios galegos dependentes da Consellería do Mar como o propio Cetmar e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e outros como o Centro Oceanográfico de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela. A maiores hai outros actores implicados como os profesionais das confrarías de pescadores de Cambados e da Illa de Arousa así como o Servizo de Gardacostas de Galicia, o colexio e o instituto da Illa de Arousa, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), o Parque Nacional das Illas Atlánticas ou Tecnopesc.
A representante do Executivo galego salientou durante a xornada A loita contra o lixo mariño no Espazo Atlántico que este tipo de traballos mostran a importancia dunha cooperación integral para avanzar na prevención, seguimento e eliminación do lixo mariño así como a transcendencia da colaboración transnacional nun obxectivo no que ten un gran papel o sector pesqueiro. Neste sentido, subliñou que Galicia leva tempo traballando neste eido da man dos profesionais do mar.
Entre as iniciativas desenvolvidas na comunidade galega na última década están algunhas como Nada pola borda, Pescal ou 3R Fish, que permitiron realizar un diagnóstico dos residuos xerados pola actividade pesqueira e portuaria e analizar as posibles alternativas de xestión deses residuos. Agora está en marcha o Plan Marlimpo co obxectivo de protexer a biodiversidade e os ecosistemas mariños mediante a redución dos residuos presentes no mar en alianza cos traballadores do sector.
Esta acción realízase recollendo e descargando nos portos os residuos que os profesionais atopan nos seus aparellos durante as súas xornadas de faena así como incentivando economicamente a recuperación de artes de pesca perdidas e a limpeza das zonas nas que hai unha maior acumulación ou coa realización de accións de formación e sensibilización para o conxunto da sociedade.
“En Galicia sempre vimos que aquilo que agora resaltan os nosos colegas europeos, a alianza cos traballadores do mar, é esencial na loita contra o lixo mariño pois son os gardiáns dos nosos mares, e esta é unha mostra máis”, salientou a conselleira do Mar. Trátase dun problema, incidiu, que leva máis dunha década na axenda de Galicia pois coidar o mar supón coidar o seu patrimonio natural. “É algo intrínseco á nosa política marítimo-pesqueira. En Galicia estamos orgullosos do noso mar, do noso sector e da nosa Administración e dos organismos que a integran”, concluíu Rosa Quintana.
Proxecto CleanAtlantic
O proxecto europeo CleanAtlantic pretende mellorar as capacidades de prevención, seguimento e redución do lixo mariño e está enmarcado no Programa Transnacional Espazo Atlántico 2014-2020. Nos seus tres anos de vixencia (2017-2020) e cun orzamento de algo máis de 3,2 millóns de euros, os investigadores do proxecto analizaron distintos mecanismos de estudo, prevención, eliminación, formación e concienciación sobre o lixo mariño desde distintas perspectivas en territorio europeo.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



