Santiago de Compostela, 25 de xuño, 2021. A deputada do BNG, Rosana Pérez advertiu das consecuencias para o sector pesqueiro e marisquero, dos proxectos eólicos de Iberdrola que invaden os marcos da activade pesqueira. A deputada reclamou a “retirada” dos proxectos e anunciou diversas iniciativas, no Congreso e Parlamento galego así como encontros cos sectores máis afectados para recoller as diferentes demandas contra o modelo eólico mariño do PP destinado a beneficiar “ás grandes empresas eléctricas” sen que a produción enerxética reverta en Galiza.
En comparecencia pública ante os medios de comunicación, a nacionalista explicou que o 26 de maio tivo lugar un pacto no Parlamento galgo entre PP e PSOE para “abrir a porta a implantación da eólica mariña na costa galega”, con este acordo, denunciou, a deputada, PP e PP rachaban o consenso político acadado na Cámara galega en maio do ano 2009. Hoxe, de feito, recalcou, o goberno do Estado dálle a razón ao BNG ao “suspender a presentación de todos os proxectos” de parques eólicos mariños até a elaboración dun novo marco normativo.
Por outra parte, Iberdrola solicitou o “alcance ambiental de dous parques eólicos mariños en Galiza” e o 7 de xuño saía á información pública o Real decreto polo que son aprobados os plans de ordenación do espazo marítimo, coñecidos como POEM, rematando hoxe o prazos de achegas.
O BNG pide declarar o litoral galego espazo non apto para a eólica mariña
Sobre o POEM anunciou que o BNG presentou alegacións para insistir en que o Plan refírese ao ámbito pesqueiro español sen recoller “a singularidade” do sector pesqueiro galego. Ao noso entender, dixo, o POEM “non avalía as particularidades da costa galega ambientalmente, recursos mariños e actividade pesqueira”, tamén reclamamos declarar “o litoral galego espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños”.
Entre as alegación presentadas polo BNG ao POEM, figura o risco da seguridade mariña nas costas galegas e a contradición entre parques eólicos mariños e a activade acuícola galega. O documento tampouco recolle os efectos sobre o leito e especies de fondo, “nin respecta as competencias exclusivas sobre o sector pesqueiro e marisqueiro” porque unicamente se cingue á “lei de pesca do Estado”.
No caso de autorizar o denegar un proxecto de parque eólico no litoral galego, dende a liña de costa até a zona exclusiva económica, 200millas, esta autorización, aseverou a nacionalista, debe contar coa decisión da comunidade autónoma “porque temos competencias neste ámbito”.
IBERDROLA proxecta dous parques eólicos mariños de 490MW cada un
A nacionalista explicou que os parques proxectados por IBERDROLA conlevan liñas de evacuación e unha subestación en terra. Un parque en A Mariña e outro en Ortegal a 40 e 35 millas sen contemplar as servidumes. Dende o BNG, avanzou, presentaremos alegacións pero como primeira medida “reclamamos a retirada dos dous proxectos”.
IBERDROLA, recolle na documentación a “prohibición” da pesca na zona ocupada polos parques e no cableado de evacuación. Dende o BNG, recalcou a nacionalista, descoñecemos “as prebendas do PP a IBERDROLA” pero reiteramos o noso rexeitamento a un modelo eólico mariño, “a calquera prezo” e que responde exclusivamente a beneficiar ás grandes empresas eléctricas .
“Galiza é unha das principais potencias pesqueiras de Europa e non podemos consentir que todo ese potencial sexa utilizado polo Partido popular para regalárllelo ás eléctricas”.
Rosana Pérez avogou por un sector enerxético baixo control público e un sector pesqueiro prioritario e susceptible de desenvolver proxectos que redunden en beneficio galego accedendo aos fondos europeos pero o Partido popular, remarcou a deputada do BNG, “defende que as grandes empresas enerxéticas utilicen os fondos europeos para os seus proxectos”.
Ademais das iniciativas parlamentarias, o BNG iniciará unha campaña de información e mobilización nas comarcas costeiras galegas que se sumarán as reclamacións do propio sector pesqueiro galego para impedir “un novo atropelo” que nesta ocasión, recalcou, conta coa “conivencia do PP e PSOE”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



